ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComarcaDestacadoNoticia LíderPolítica

Xoán Xosé Castaño: “Catoira mellora coidando as pequenas cousas que cambian a vida da veciñanza”

Líder Redacción

Líder Redacción

27 de junio de 2025 a las 13:46

Compartir
  • O alcalde de Catoira, Xoán Xosé Castaño, defende unha xestión centrada nas demandas reais da veciñanza, aposta pola cultura comunitaria e anuncia novidades para unha Romaría Vikinga máis viva e participativa

O alcalde de Catoira, Xoán Xosé Castaño, foi entrevistado por Sara Garea nos estudios de Radio Líder Santiago, nunha conversa que afondou nos retos, prioridades e identidade dun concello que aposta por mellorar o día a día da súa veciñanza sen grandes obras faraónicas, pero con accións que realmente fan a diferenza.

Castaño, que goberna con maioría absoluta co BNG, recoñeceu que a situación económica ao chegar á alcaldía era peor do agardado: “Sabiamos que o Concello tiña dificultades, pero atopamos unha débeda máis elevada do que se dicía. Agora reducímola ao tempo que atendemos as necesidades dos veciños”.

Durante a entrevista, o rexedor defendeu unha filosofía de goberno próxima e realista: “A veciñanza non pide imposibles. Quere que lle limpemos as cunetas, que lle arranxemos accesos, que lle melloremos a vida nas pequenas cousas. E iso é o que facemos”. Nesta liña, salientou a recuperación de centros sociais como os de Abalo, Dimo ou Padróns, así como a aposta polo SAF (Servizo de Axuda no Fogar), a escoita activa da cidadanía e o mantemento da escola infantil municipal, malia non ser competencia directa do Concello.

Catoira ten arredor de 3.300 habitantes e un tecido social moi activo, especialmente arredor da Romaría Vikinga, que este ano cumpre 65 edicións. Castaño subliñou que “é unha festa nacida do pobo, sen base relixiosa, e queremos que se viva durante dúas semanas, non só nun día”.

O alcalde anunciou importantes novidades para este ano: “Haberá teatro en directo por primeira vez, protagonizado por actores e actrices da nosa escola municipal. Tamén repetiremos o desembarco infantil, que foi un éxito, e haberá torneos e mercado vikingo durante días”.

A implicación veciñal é clave neste modelo de festa: “Xuntámonos con colectivos culturais e sociais para escoitar ideas. Non todas se poden aplicar, pero algunhas xa se incorporaron. Queremos unha romaría viva, participativa, que implique a todo o pobo”.

Ademais da festa, Catoira conta con grandes atractivos turísticos que, segundo o alcalde, “aínda están por descubrir”: desde os tres tipos de muíños (auga, marea e vento) ata o paseo fluvial ou as impresionantes vistas da ría de Arousa dende o monte.

En palabras de Castaño, “Catoira é un lugar acolledor, aberto, cunha veciñanza integradora. Temos patrimonio, natureza e moito por ofrecer”. Ao ser preguntado polo seu recuncho favorito, confesou: “Gústame moito o paseo fluvial, pero hai que subir aos muíños de vento e mirar a ría. É espectacular”.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Etiquetas

alcalde catoiracatoiraromaría vikingaRomaría vikinga CatoiraXoán Xosé Castaño
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.