ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

Xa podes solicitar praza nas escolas infantís de Ames para o curso 2025-2026

Dende este martes, 1 de abril, estará aberto o prazo de solicitude de praza para o curso 2025-2026 nas escolas infantís de titularidade municipal (O Bosque, en Bertamiráns, e A Madalena, no Milladoiro)

Líder Redacción

Líder Redacción

31 de marzo de 2025 a las 20:03

Compartir

As solicitudes poderán presentarse ata o vindeiro 15 de abril. Posteriormente, os/as admitidos/as deberán formalizar a matrícula entre o 1 e o 16 de xuño

A documentación que hai que presentar para solicitar praza pode descargarse preferentemente a través da páxina web conciliames.gal, ou ben recollerse nas dependencias das escolas

Ames, 31 de marzo de 2025.- Dende este martes, 1 de abril, estará aberto o prazo de solicitude de praza para o curso 2025-2026 nas escolas infantís de titularidade municipal (O Bosque, en Bertamiráns, e A Madalena, no Milladoiro). As solicitudes poderán presentarse ata o vindeiro 15 de abril. Posteriormente, os/as admitidos/as deberán formalizar a matrícula entre o 1 e o 16 de xuño. A documentación que hai que presentar para solicitar praza pode descargarse preferentemente a través da páxina web conciliames.gal, ou ben recollerse nas dependencias das escolas.

Pódese solicitar praza nas escolas infantís municipais de Ames, a partir do día 1 de abril, para os nenos e nenas que teñan entre 3 meses e 3 anos. A documentación que hai que cubrir e presentar para tramitar esta solicitude poderá descargarse na páxina web conciliames.gal, ou ben recollerse nas propias dependencias das escolas, en horario de 9:00 a 14:00 horas.

Unha vez cuberta a documentación, esta poderá entregarse a través da Sede electrónica do Concello de Ames ou de xeito presencial nas escolas, tamén de 9:00 a 14:00 horas.

Ao rematar o prazo de solicitude de praza publicaranse tanto na web municipal como en conciliames.gal e nos taboleiros das escolas infantís as listaxes provisionais de admitidos/as. Haberá un prazo para presentar posibles reclamacións. Posteriormente, entre os días 1 e 16 de xuño abrirase o prazo de matrícula.

Para obter máis información, as persoas interesadas poden dirixirse aos propios centros: a EIM O Bosque, situada no número 28 da avenida da Peregrina; e a EIM A Madalena, localizada no número 16 da praza da Madalena, no Milladoiro.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Así mesmo, tamén se pode chamar aos números de teléfono 682 497 369 (EIM O Bosque) e 981 538 433 (EIM A Madalena), ou empregar os enderezos electrónicos eibertamirans@concellodeames.gal e eiamadalena@concellodeames.gal.

Etiquetas

ameseducacion
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística
Deportes

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán
Deportes

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación
Comarca

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación