ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolíticaSociedad

Xa podes escoller os vídeos gañadores do público do certame Galetiktokers

Líder Redacción

Líder Redacción

6 de noviembre de 2024 a las 14:49

Compartir
  • Dende ás 11.00 horas de hoxe, 6 de novembro, e ata as 11:00 horas do venres, 8 de novembro, está aberto o prazo para votar a través de Instagram polos vídeos presentados ao concurso Galetiktokers, unha iniciativa dos departamentos de Xuventude e Normalización Lingüística do Concello de Ames, que pretende estimular a creatividade da rapazada animando á creación audiovisual en galego
  • Nesta quinta edición presentáronse 39 vídeos, realizados por arredor de 80 mozos/as de Ames e doutras localidades de Galicia. Nesta edición participou alumnado de centros de ensino de Bertamiráns, Lugo e Vilagarcía de Arousa, entre outras localidades

Ames, 6 de novembro de 2024.- Dende ás 11.00 horas de hoxe, 6 de novembro, e ata as 11:00 horas do venres, 8 de novembro, está aberto o prazo para votar a través de Instagram polos vídeos presentados ao concurso Galetiktokers, unha iniciativa dos departamentos de Xuventude e Normalización Lingüística do Concello de Ames, que pretende estimular a creatividade da rapazada animando á creación audiovisual en galego. Nesta quinta edición presentáronse 39 vídeos, realizados por arredor de 80 mozos/as de Ames e doutras localidades de Galicia. Nesta edición participou alumnado de centros de ensino de Bertamiráns, Lugo e Vilagarcía de Arousa, entre outras localidades. Premendo nesta ligazón pódense consultar as bases ao completo do V Certame Galetiktokers.

Un ano máis, os departamentos de Xuventude e Normalización Lingüística de Ames puxeron en marcha o certame Galetiktokers. Trátase dunha oportunidade para que a mocidade estimule a súa creación empregando os novos formatos e poñendo en valor a lingua galega.

As 9 pezas audiovisuais presentadas por arredor de 80 mozos/as participantes de Ames e doutras localidades de Galicia, optan unha vez máis a un total de 1.800 euros, repartidos en seis premios de 300 euros. Na primeira categoría (mozas e mozos de 13 a 17 anos) presentáronse 10 vídeos, mentres na segunda categoría (mozas e mozos de 18 a 35 anos) hai 29 vídeos admitidos. Nesta edición participou alumnado de centros de ensino de Bertamiráns, Lugo e Vilagarcía de Arousa, entre outras localidades.

Catro dos premios (os dous vídeos mellor valorados en cada unha das categorías) decidiraos un xurado formado por persoas recoñecidas no ámbito audiovisual e nas redes sociais. Os outros dous serán escollidos polo público a través do Instagram de Xuventude Ames. Deste xeito, cada categoría recibirá tres galardóns: dous do xurado e un do público.

O prazo para presentar vídeos rematou o 4 de novembro. Agora abre un prazo de dous días (dende as 11.00h de hoxe, 6 de novembro, ata as 11.00h do venres, 8 de novembro) para votar a través de Instagram polos vídeos presentados ao concurso Galetiktokers. Todas as pezas admitidas xa están subidas ao Instagram de Xuventude Ames XA! (@xuventudeames) co cancelo #galetiktokers.

Deste xeito, dous dos premios serán os escollidos polo público, que dispón de 48 horas para facerse seguidor/a do perfil de Instagram de Xuventude Ames XA! (@xuventudeames) e votar polos seus vídeos favoritos. A votación do premio do público realizarase a través dos reels publicados no perfil @xuventudeames. As publicacións que acumulen maior número de “gústame” serán as que se fagan co galardón.

Premios do xurado

Ademais, nos vindeiros días reunirase o xurado, para valorar as pezas presentadas e determinar os premios do xurado (catro premios). O xurado está formado por persoas recoñecidas no ámbito audiovisual e nas redes sociais, que valorarán o atractivo das pezas no seu conxunto, tanto na forma como no contido, tendo en conta aspectos como a orixinalidade, a creatividade, a claridade e a calidade lingüística.

Nesta quinta edición o xurado está composto polos creadores de contido en redes: Nuria Grandío López, @konachadas, e Rodrigo Míguez Novoa, @rodrimiguez97. Tamén forma parte do xurado Noelia Francisco Lens, especialista en comunicación audiovisual.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Todos os galardóns serán entregados nunha gala que se celebrará o sábado, 23 de novembro, no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro. O evento estará presentado e dirixido polas/os creadoras/es de contido en galego, Nuria Grandío López, @konachadas, e Rodrigo Míguez Novoa, @rodrimiguez97. Proximamente daranse máis detalles da gala de entrega de premios do V certame Galetiktokers.

Etiquetas

amescertameGaletiktokers
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística
Deportes

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán
Deportes

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación
Comarca

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación