ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadArte y CulturaComarca

Xa están á venda as entradas para a programación de artes escénicas ‘Ames Cultural 2024’

 

Líder Redacción

Líder Redacción

8 de enero de 2024 a las 14:27

Compartir

 

  • Esta programación está formada por un total de doce representacións, das que dez serán de teatro e dúas de danza, e que se distribuirán de maneira equitativa entre os auditorios de Bertamiráns e do Milladoiro
  • As propostas abarcan actuacións tanto para adultos como para público familiar
  • As persoas con carné de estudante, maiores de 60 anos, rapaces menores de 12 anos, familias numerosas, mocidade con carné xove e as persoas demandantes de emprego poderán desfrutar dun desconto do 50% do custo ordinario das entradas

Ames, 8 de xaneiro de 2024.- Desde hoxe, 8 de xaneiro, xa están á venda as entradas para os doce espectáculos de teatro e danza que conforman a programación municipal de artes escénicas para o primeiro semestre de 2024. Sobre o prezo das entradas poderán aplicarse descontos a diversos colectivos. A programación completa pode consultarse nesta ligazón .

Xa están á venda as entradas para os diversos espectáculos da programación cultural do primeiro semestre de 2024 . Esta programación está formado por un total de doce representacións, das que dez serán e teatro e dúas de danza, e que se distribuirán de maneira equitativa entre os auditorios de Bertamiráns e do Milladoiro. As propostas abarcan actuacións tanto para adultos como para público familiar. Ademais, inclúese unha ampla oferta de xéneros con teatro de comedia, contemporáneo e drama, así como danza tradicional e contemporánea.

O orzamento total investido ascende a 48.909 euros, dos cales 22.213,50 euros foron aportados polo Concello de Ames, e os 26.695,50 euros restantes, pola Axencia Galega de Industrias Culturais (AGADIC). Estas programación forma parte do convenio de colaboración entre a Axencia Galega das industrias Culturais (AGADIC) e o Concello de Ames.

Venda de entradas xerais

As entradas para os espectáculos poderán adquirirse na Billeteira electrónica do Concello a partir do vindeiro luns 8 de xaneiro. Se non se completase o aforo, unha hora antes do comezo das representacións haberá entradas dispoñibles á venda nas Casas da Cultura de Bertamiráns e O Milladoiro. Ademais, as persoas con carné de estudante, maiores de 60 anos, rapaces menores de 12 anos, familias numerosas, mocidade con carné xove e as persoas demandantes de emprego poderán desfrutar dun desconto do 50% do custo ordinario das entradas.

Non se admitirán cambios nin devolucións nin das entradas nin dos abonos adquiridos. A venda pechará cinco minutos antes da hora prevista de comezo do espectáculo, e unha vez comezadas ás representacións ninguén poderá acceder á sala.

Primeira obra: “Unha inimiga do pobo”

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Dentro da programación para público adulto, ofrécense oito espectáculos de teatro e dous de danza. O primeiro deles, unha obra dramática titulada “Unha inimiga do pobo”, representarase o 19 de xaneiro ás 20:30 horas na Casa da Cultura do Milladoiro, da man de Talía Teatro. Trátase dunha adaptación da obra homónima de Henrik Ibsen, na que se denuncia a política que antepón os beneficios económicos sobre a saúde da poboación, ao tempo que invita a reflexionar sobre o papel dos medios de comunicación á hora de moldear a opinión pública.

Etiquetas

amescultura
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística
Deportes

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán
Deportes

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación
Comarca

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación