ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Actualidad

Vueling estreia a súa nova ruta entre Santiago de Compostela e Xerez de la Frontera

Líder Redacción

Líder Redacción

3 de junio de 2026 a las 22:45

Compartir
  • O primeiro voo procedente do aeroporto de Santiago-Rosalía Castro aterrizou esta tarde en Xerez, inaugurando oficialmente a nova conexión entre Galicia e Andalucía.
  • A ruta contará con dúas frecuencias semanais, os mércores e domingos.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2026 – Vueling, aeroliña pertencente ao grupo IAG, estreou hoxe a súa nova ruta entre Santiago de Compostela e Xerez de la Frontera, coa saída do primeiro voo desde o Aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro.

O voo VY2022 aterrizou esta tarde no Aeroporto de Xerez, dando comezo oficial a esta nova conexión entre Galicia e Andalucía. A ruta operará con dúas frecuencias semanais —os mércores e domingos— ata o 12 de setembro de 2026, reforzando a conectividade nacional de Vueling e ampliando as opcións de viaxe entre ambas as rexións.

Esta nova conexión forma parte do reforzo da operativa de Vueling tanto en Galicia como en Andalucía para a tempada de verán de 2026 e da aposta da aeroliña polo mercado doméstico. En Santiago de Compostela, a compañía amplía a súa conectividade co estreno desta nova ruta a Xerez, ademais de incorporar novas conexións como Marraquech e Ibiza este verán. Santiago conecta ademais con Lanzarote, Málaga, Ámsterdam, Barcelona, Bilbao, Fuerteventura, Londres, Gran Canaria, París, Palma de Mallorca, Sevilla, Tenerife, Valencia e Zúric durante este verán.

Sobre Vueling  

Vueling, compañía pertencente ao grupo IAG, é unha aeroliña de referencia en Europa e clave na conectividade en España.

É líder na súa base principal en Josep Tarradellas Barcelona-El Prat, nas conexións dentro de España e en outros aeroportos relevantes como Bilbao. Tamén lidera a conexión entre a península e as illas Baleares e Canarias. A nivel internacional, traballa para reforzar a súa presenza en bases como París-Orly. A compañía conta cunha rede de arredor de 250 rutas ao ano que conectan 30 países. En 2025, operou máis de 227.000 voos e trasladou arredor de 40 millóns de pasaxeiros.

Con máis de 5.000 empregados, Vueling é a única aeroliña europea Top Employer por terceiro ano consecutivo. A compañía está firmemente comprometida coa descarbonización do sector e, como parte do grupo IAG, comprometeuse a acadar as cero emisións netas de carbono en 2050 a través da implementación da estratexia FlightPath Net Zero.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Fiel ao seu ADN dixital, Vueling foi a primeira aeroliña en vender billetes a través da aplicación móbil e en dispoñer de tarxeta de embarque dixital con código QR. Así mesmo, a aeroliña conta cun equipo de máis de 600 persoas que traballan nos seus hubs de innovación de Barcelona e Zaragoza.

Etiquetas

jerez de la fronteraSantiago de Compostelavueling
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

«Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino
Deportes

«Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

Dos peregrinas heridas de gravedad tras un accidente de tráfico en Santiago
Destacado

Dos peregrinas heridas de gravedad tras un accidente de tráfico en Santiago

Camela hará vibrar Santiago con un recorrido por más de tres décadas de éxitos
Arte y Cultura

Camela hará vibrar Santiago con un recorrido por más de tres décadas de éxitos

Detida unha persoa por unha agresión cunha botella no casco histórico de Santiago
Destacado

Detida unha persoa por unha agresión cunha botella no casco histórico de Santiago