ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadArte y CulturaComarca

Volven os contacontos infantís ás bibliotecas municipais de Ames

Líder Redacción

Líder Redacción

31 de enero de 2024 a las 11:56

Compartir

 

 

 

O departamento de Bibliotecas do Concello de Ames, dependente da Concellería de Cultura, Turismo, Axenda Urbana e Comunicación, presenta catro novas propostas de animación á lectura entre o público infantil para o primeiro semestre deste ano 2024. As sesións de contacontos están orientadas a nenos e nenas de entre 3 e 8 anos e desenvolveranse, como ven sendo habitual, tanto na biblioteca de Bertamiráns como na do Milladoiro.

As bibliotecas de Ames retoman co novo ano as súas sesións de contacontos para a animación á lectura entre o público infantil. Deste xeito, súmanse aos tradicionais Encontros Literarios dirixidos a público adulto que se celebran no Pazo da Peregrina para presentar diversas obras literarias.

Desta volta, presentáronse catro propostas de contacontos, que se celebrarán mensualmente entre febreiro e maio, e que terán lugar tanto na biblioteca municipal de Bertamiráns como na do Milladoiro. Haberá tres sesións ao mes en cada unha delas, sempre a partir das 17:30 horas.

Inscricións
Os interesados en participar en calquera destas actividades deben anotarse previamente no prazo indicado, enviando un correo a biblioteca@concellodeames.gal no que se indique nome, apelidos e idade das crianzas que vaian acudir, e un teléfono de contacto. Así mesmo, tamén é posible inscribirse chamando ao teléfono 981 884 829 (para as sesións de Bertamiráns) ou ao 981 530 807 (para as sesións do Milladoiro).

O prazo de inscrición para cada unha das sesións pode consultarse nesta ligazón.

Programación de contacontos
“Ensalada de contos” é o nome do contacontos co que as bibliotecas municipais inauguran estas actividades. Fará tres paradas en cada núcleo urbano: os días 6, 7 e 8 de febreiro estará no Milladoiro; e o 20, 21 e 22 de febreiro en Bertamiráns.

“Un, dous, tres contamos outra vez!” estará na biblioteca do Milladoiro os días 5, 6 e 7 de marzo, e na de Bertamiráns o 19, 20 e 21 do mesmo mes. Posteriormente, chegará a Ames “As cores do arco da vella”: no Milladoiro os días 2, 3 e 4 de abril; e en Bertamiráns o 16, 17 e 18 de abril.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Xa en maio celebrarase “Croco-contos”, con tres sesións no Milladoiro os días 14, 15 e 16 e outras tres en Bertamiráns os días 28, 29 e 30.

Etiquetas

amesbibliotecascontacontoscultura
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística
Deportes

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán
Deportes

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación
Comarca

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación