ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadDeportes

Volve este domingo á Alameda a XXIII edición da Volta Ciclista da Ascensión

08/05/2024 A contorna da Alameda acollerá este domingo 12 de maio a XXIII edición da Volta Ciclista da Ascensión que comezará ás 10:00 horas, con saída e chegada na avenida de Xoán Carlos I. A carreira foi presentada esta mañá en rolda de prensa pola concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, e o presidente do Club Ciclista Compostelano, Abel Gómez.

Líder Redacción

Líder Redacción

8 de mayo de 2024 a las 15:45

Compartir

Un ano máis volve unha cita deportiva tradicional dentro das Festas da Ascensión, a Volta Ciclista polas inmediacións da Alameda que congregará máis de 250 ciclistas na que será a súa 23 edición.

A concelleira salientou que se trata dunha «boa oportunidade para ver bo ciclismo e seguir apostando polo deporte no marco das festas da Ascensión», ademais dunha proba que «forma parte da memoria colectiva dos composteláns e compostelás». Ademáis, Pilar Lueiro convidou á cidadanía a «animar e gozar desta Carreira» e reafirmou «o compromiso deste goberno co deporte como manifestación de desfrute colectivo que casa moi ben coas festas».

A proba consiste nun percorrido nas inmediacións da Alameda con saída e chegada na avenida de Xoán Carlos I, que contará con un tramo de 300 metros de pedra, preto do cruceiro do Galo, que dará maior espectacularidade e dureza aos participantes. En total, prevese a participación de arredor de 250 participantes distintas categorías e modalidades (cadetes, junior, féminas, féminas elite/sub-23). Segundo as idades, os participantes darán media volta (categoría promesas), unha volta (principiantes), 4 voltas (alevíns), 8 voltas (infantís), 15 voltas (cadetes) e tanto junior como élite sub-23 femenino, 20 voltas.

O horario de inicio da proba será as 10:00 h e finalizará ás 14.00 horas, cando terá lugar a entrega de premios na mesma Alameda.

Cortes de tráfico e desvíos

Por motivo desta proba, este domingo entre as 09:00 e as 14:00 horas as rúas do percorrido sufrirán algunhas alteracións circulatorias. A avenida Xoán Carlos I e Carreira do Conde quedarán pechadas ao tráfico, polo que os vehículos que suban pola avenida de Rosalía de Castro serán desviados pola rúa de Montero Ríos. Tampouco se poderá circular pola rúa do Pombal en sentido subida, polo que os vehículos procedentes da rúa Galeras serán desviados cara a rúa Poza de Bar.

Ademais, durante o transcurso da proba, quedará prohibido o estacionamento nas rúas avenida da Coruña e avenida de Compostela.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Tamén se verán afectados os servizos de transporte urbano das liñas 1, 4, 8, C2, P1 e P2. Pode consultarse toda a información na páxina de Tussa.

Etiquetas

ascensioncarreiraciclismocomposteladeportesradio lider santiagosantiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Boiro acolle esta fin de semana o Campionato Galego Escolar de Taekwondo
Deportes

Boiro acolle esta fin de semana o Campionato Galego Escolar de Taekwondo

O Concello licita por 1,29M€ obras de mellora no Estadio Verónica Boquete
Deportes

O Concello licita por 1,29M€ obras de mellora no Estadio Verónica Boquete

El compostelano Borja Iglesias jugará el Mundial con la Selección Española
Deportes

El compostelano Borja Iglesias jugará el Mundial con la Selección Española

El llamamiento del CB Ames: “Esperamos que más patrocinadores entiendan que Ames quiere baloncesto”
Actualidad

El llamamiento del CB Ames: “Esperamos que más patrocinadores entiendan que Ames quiere baloncesto”