ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaDestacadoPolítica

VIDEO | Sete concellos piden ampliar a zona sen peaxes da AP-9 entre Santiago-Padrón

O alcalde de Ames, Blas García, dixo “isto xorde dunha proposta feita polo Concello de Ames e á que se foron unindo os Concellos de Padrón, Dodro e mailos Concellos do Barbanza. O que pedimos é fundamentalmente dúas cousas; a primeira é que se nos teña en conta aos Concellos á hora de falar da liberalización ou gratuidade da AP-9, e por outro lado, pedimos que esa liberalización se faga dunha vez se é posible, e se non, que se comece polo tramo da peaxe de Padrón”

Líder Redacción

Líder Redacción

25 de febrero de 2025 a las 18:44

Compartir

O alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, subliñou “a pesar de que a AP-9 non pase polo Barbanza, aos cidadáns e ás empresas da zona cáusanos unha serie de prexuízos, entendemos que no caso de que se revertera a situación, melloraría moito a nosa posición estratéxica e a competitividade das nosas empresas. Ademais o uso da estrada nacional causa diferentes problemas nos municipios e tamén supón un risco para os propios usuarios por temas de seguridade, xa sexa por deterioro ou por puntos perigosos da estrada”

Ames, 25 de febreiro de 2025.- Os alcaldes dos Concellos de Ames, Padrón, Dodro, Rianxo, Boiro, A Pobra e Ribeira asinaron esta mañá no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, un manifesto reclamando a constitución dunha mesa de traballo entre o Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostenible e os Concellos afectados directamente polas tarifas da AP-9, que teña como obxectivo final a gratuidade da mesma. Paralelamente, solicítanlle ao Ministerio que realice un estudo e determine un calendario para unha liberalización en fases da AP-9; e que se analice a posibilidade de ampliar a zona libre de peaxes da área de Santiago ata Padrón, facilitando o enlace gratuíto da AP-9 e a AG-11.

Blas García, alcalde de Ames; Anxo Arca, alcalde de Padrón; Xavier Castro, alcalde de Dodro; Julián Bustelo, alcalde de Rianxo; José Ramón Romero, alcalde de Boiro; José Carlos Vidal, alcalde da Pobra; e Luís Antonio Pérez, alcalde de Ribeira; asinaron hoxe un manifesto dirixido ao Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostenible insistindo na importancia de abordar esta situación dende unha perspectiva municipalista, apartidista e dende un punto de vista realista, poñendo ás persoas no centro do debate e articulando un plan en varias fases que teña como obxectivo final a gratuidade da autoestrada do atlántico.

O alcalde de Ames, Blas García, foi o encargado de tomar a palabra en primeiro lugar en representación do grupo dos sete Concellos que crearon unha fronte común co obxectivo de reclamar a gratuidade da AP-9. Blas García dixo “isto xorde dunha proposta feita polo Concello de Ames e á que se foron unindo os Concellos de Padrón, Dodro e mailo Concellos do Barbanza. O que pedimos é fundamentalmente dúas cousas; a primeira é que se nos teña en conta aos Concellos á hora de falar da liberalización ou gratuidade da AP-9, e por outro lado, pedimos que esa liberalización se faga dunha vez se é posible, e se non, que se comece polo tramo da peaxe de Padrón”.

O rexedor amesán continuou dicindo “as razóns son obvias, a comarca do Barbanza é unha peza fundamental da comunicación coa capital de Galicia e a maioría de coches que pasan por Padrón, Dodro e O Milladoiro, son vehículos que, no caso de ter liberada a peaxe, seguramente non cruzarían os nosos núcleos urbanos xa que son de fóra dos nosos respectivos concellos. Os datos que temos reflicten que só un terzo dos vehículos que cruzan O Milladoiro son desta localidade, o resto son vehículos que proceden de fóra. Dentro da política de humanizacións que se está acometendo, que ademais se recomenda por parte do Goberno central e de Europa, que mellor para favorecer esas humanizacións que dispor dunha AP-9 libre de peaxes”.

En representación dos Concellos do Barbanza interviu o alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, que subliñou “a pesar de que a AP-9 non pase polo Barbanza, aos cidadáns e ás empresas da zona cáusanos unha serie de prexuízos, entendemos que no caso de que se revertera a situación, melloraría moito a nosa posición estratéxica e a competitividade das nosas empresas. Ademais o uso da estrada nacional causa diferentes problemas nos municipios e tamén supón un risco para os propios usuarios por temas de seguridade, xa sexa por deterioro ou por puntos perigosos da estrada”.

Manifesto vivo e aberto

Este é un documento vivo e aberto, susceptible de cambios e que permite a adhesión de todos aqueles concellos que compartan esta nova abordaxe para a liberalización da autoestrada AP-9. Neste senso, Blas García asegurou que con esta xuntanza “buscamos que todos aqueles Concellos que apoien a nosa proposta, que é a liberalización da AP-9 e crear unha mesa na que teñamos participación os Concellos, poidan sumarse a ela, sexan da provincia da Coruña ou de Pontevedra, porque é importante a unión entre nós”.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

A través de dito manifesto solicítase a constitución dunha mesa de diálogo entre o Ministerio de Transportes e os Concellos afectados directamente polas tarifas da AP-9 que teña como obxectivo final a gratuidade da mesma. Ao mesmo tempo solicítanlle ao Ministerio que realice un estudo e determine un calendario para unha liberalización en fases da AP-9; e que se analice a posibilidade de ampliar a zona libre de peaxes da área de Santiago ata Padrón, facilitando o enlace gratuíto da AP-9 e a AG-11.

Etiquetas

amesAp-9boirododropadronpeaxepobrarianxoribeira
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística
Deportes

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

O Pazo de Goiáns acolle unha exposición do deseñador boirense Juan Ares
Comarca

O Pazo de Goiáns acolle unha exposición do deseñador boirense Juan Ares

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán
Deportes

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán