ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadPolítica

Verea propón unha ‘operación retorno’ para aqueles veciños que queiran volver vivir na súa cidade

 

Líder Redacción

Líder Redacción

23 de abril de 2024 a las 15:46

Álvaro Veiga y Borja Verea en los estudios de Radio Líder Santiago

Compartir

 

 

  • Para iso, insistiu o líder popular, “fan falla políticas pensadas para poñer no mercado os máis de 6.000 pisos baleiros e non políticas que leven precisamente ao efecto contrario, retirar pisos do alugueiro e que aumenten o número de vivendas baleiras”.
  • Lamentou ademais que a solución do BNG a este problema sexa dicirlles a eses propietarios, que xa non se atreven a alugar as súas vivendas, que agora ademais van a dedidir por eles a que prezo se teñen que alugar.

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, lembrou hoxe que a dramática situación de vivenda no Ensanche é consecuencia das políticas do BNG e do PSOE nas últimas décadas.

“Hai milleiros de pisos baleiros sen poñer no mercado -sinalou- porque os propietarios non queren, ou non se fían o non poñen eses pisos en alugueiro. Por que? Porque hai problemas de inquiokupación: xente que entra na vivenda e de súpeto no terceiro ou cuarto mes deixan de pagar ou destrozan as vivendas”. “Neste senso, resulta entendible que moitos propietarios non estean dispostos a poñer os seus pisos en alugueiro xa que se atopan totalmente desprotexidos”, indicou.

Verea lamentou así que a solución do BNG a este problema sexa dicirlles a eses propietarios, que xa non se atreven a alugar as súas vivendas, que agora ademais van a dedidir por eles a que prezo se teñen que alugar. Así, explicou que a declaración de zona tensionada “o que vai supoñer polo tanto é menos pisos no mercado e un incremento dos prezos nas zonas non tensionadas, unha política que o que fará e rematar definitivamente coa vivenda en Compostela”.

Por iso o líder popular plantexou poñer en marcha “unha operación retorno de todos os veciños que queiran volver á súa cidade; temos que axudar aos composteláns que están viviendo en Bertamiráns, no Milladoiro ou Sigüeiro e queren volver”. Para iso, insistiu, “fan falla políticas pensadas para poñer no mercado os máis de 6.000 pisos baleiros e non políticas que leven precisamente ao efecto contrario, retirar pisos do alugueiro e que aumenten o número de vivendas baleiras”.

Neste senso salientou tamén que “cantos máis pisos en alugueiro, máis baratos van ser, polo que o principal é garantir seguridade xurídica aos propietarios para que poñan os seus pisos a disposición”.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

 

Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.