ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Sin Categoría

Verea propón unha estratexia municipal de saúde mental con programas respiro e vivendas de apoio

Líder Redacción

Líder Redacción

11 de agosto de 2024 a las 22:29

Compartir
  • O Plan debe contemplar varios eixes: a sensibilización, a concienciación, a prevención, a protección e o coidado dos problemas asociados á saúde mental, prestando maior atención aos colectivos vulnerables, como persoas sen fogar, mulleres vítimas de violencia e a infancia e mocidade, tendo en conta que o suicidio é xa a principal causa de morte entre a xente moza.
  • “A veciñanza de Compostela demanda a implicación e o compromiso activo do Concello, fomentando accións integrais para a saúde, para o que é necesario contar cun instrumento que axude a afrontar esta problemática social con eficiencia”, destacou Verea.

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, propón a posta en marcha de “programas de respiro” e “vivendas de apoio” que reforcen a labor dos acompañantes das persoas con trastornos mentais; e un programa de voluntariado de apoio a estes doentes, todo isto dentro dunha Estratexia de Saúde mental que o Concello debe crear, tal como se aprobou nun acordo plenario.

Trataríase dunha ferramenta de cidade para os veciños de calquera franxa de idade, xa que, nos últimos tempos, son moitas as alarmas que indican que é necesario contar cun instrumento axeitado neste eido para axudar á veciñanza que o precise.

Este Plan debe contar con varios eixes: a sensibilización, a concienciación, a prevención, a protección e o coidado dos problemas asociados á saúde mental, prestando maior atención aos colectivos máis vulnerables, como persoas sen fogar, mulleres vítimas de violencia e a infancia e mocidade, tendo en conta que o suicidio é xa a principal causa de morte entre a xente moza.

“A veciñanza de Santiago demanda unha implicación e o compromiso activo do Concello, fomentando accións integrais para a saúde, para o que se fai necesario contar cun instrumento que axude a afrontar esta problemática social con eficiencia”, destacou.

Os obxectivos a cumprir centraríanse, entre outros, na sensibilización da poboación ante un problema que alcanza a unha de cada catro persoas; a promoción do benestar emocional da veciñanza; a prevención da aparición de problemas de saúde mental; a integración social e a eliminación de calquera forma de discriminación; ademais do acceso aos recursos para garantir unha atención integral; a empregabilidade e capacitación profesional das persoas con trastorno mental  e programas de inserción laboral.

Borja Verea insistiu en que resultan “imprescindibles campañas de sensibilización e de prevención, divulgativas e didácticas; actividades de educación emocional e de formación, información e apoio”.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

En todo caso, este plan implica un traballo importante de visión global, polo que para o seu deseño e desenvolvemento será imprescindible a colaboración cos profesionais e coas entidades especializadas no ámbito da saúde mental, así como a coordinación coas distintas administracións competentes neste eido.

Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.