ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Actualidad

Verea propón a construción directa de vivenda 100% pública e parar a mercantilización de solo público polo BNG e CA

·        Verea pídelle ao goberno local que “ceda con carácter inmediato as dúas parcelas resultantes co fin de que se poidan construír vivendas 100% públicas e que non inclúan o  beneficio industrial das construtoras privadas”

Líder Redacción

Líder Redacción

6 de octubre de 2025 a las 11:53

Compartir

·        Lembrou tamén as bonificacións do IBI a aqueles propietarios que poñan os seus pisos en alugueiro e dirixir as políticas  á protección do propietario, creando un auténtico Estatuto do Propietario en Aluguer para mobilizar as vivendas baleiras

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, vén de propoñer “a paralización da venda do solo público a empresas privadas e destinalo á construción directa de vivenda 100% pública”. Verea fixo estas declaracións tras coñecer o evidente fracaso do “negocio obsceno” que intenta facer o goberno de BNG e CA “desfacéndose do solo público de todos os santiagueses”.

O popular subliñou que “a falta de iniciativa e de xestión dos nacionalistas quedou evidenciada tras os datos que se fixeron públicos esta semana, xa que afortunadamente coñecemos que non foron quen de vender máis que dúas parcelas”.

Para o popular, “é imprescindible que o goberno de BNG e CA deixe de mercantilizar con construtoras privadas, porque é unha mágoa que se venda solo público, cando se pode construír directamente vivenda 100% pública”. Así mesmo, remarcou que “os pisos privatizados polo BNG terán, como mínimo, un prezo de 180.000 euros para 80 m2 e os que propoñemos nós serán máis accesibles,100% públicos e terán un prezo bonificado de 100.000 €, por 80 metros cadrados, xa que se trata de prezos subvencionados que ademais non inclúen nin o beneficio industrial nin o prezo do solo”.

Verea engadiu que “descoñecemos se esta forma de facer as cousas é apatía ou incapacidade, pero este proceso de venda é un ataque ao interese público e unha obscena despatrimonialización da riqueza de todos os santiagueses, para entregarlla ás construtoras privadas”, e engadiu “que todas as cidades están cedendo solo público para construír vivendas 100% públicas, menos o BNG e CA que sancionan aos santiagueses para beneficiar a empresas privadas, por que?”

O popular quixo recordar que os últimos dez anos de políticas de vivenda en Santiago por parte do tripartito de BNG, CA e PSOE, presentan datos “demoledores”, posto que ”o alugueiro medio pasou de 390 euros en 2014 a 623 euros en 2024, o que supón un incremento do 60%. Ademais, o 2024 supuxo o maior aumento interanual da historia nos prezos de alugueiro”.

O tamén deputado autonómico subliñou que “as promesas feitas polos gobernos de CA, PSOE e BNG quedaron en nada, xa que da empresa pública de vivenda nada se sabe; o rexistro de soares, paralizado xudicialmente; a declaración de zona tensionada presentárona con cortas e pega de páxinas webs; e, a maiores, non se construíu nin unha soa vivenda pública e non hai dispoñible nin un só alugueiro público municipal”.

Estatuto do Propietario en Aluguer

Verea reiterou tamén as medidas da Estratexia de Vivenda que porá en marcha o PP de Santiago cando goberne, destacando a creación dunha Empresa Pública de Vivenda, tamén a posta en marcha dun Banco Público de Vivendas en alugueiro, centrado en recuperar vivendas baleiras que os propietarios hoxe non se atreven a poñer no mercado por falta de seguridade. Lembrou tamén as bonificacións do IBI a aqueles propietarios que poñan os seus pisos en alugueiro e dirixir as políticas  á protección do propietario, creando un auténtico Estatuto do Propietario en Aluguer para mobilizar as vivendas baleiras.

Remarcou tamén a actualización das normas do casco histórico, sobre todo, en accesibilidade e flexibilizando as limitacións que dificultan a rehabilitación; a necesidade de modificación do Plan Xeral para facilitar nova construción, xa que Santiago ten solo dispoñible de sobra; e  insistiu na construción directa de vivenda pública a través do Concello ou doutras administracións, sen recorrer á venda a promotoras.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Finalmente, incidiu na necesidade de máis recursos para as Áreas de Rehabilitación Integral; e lembrou unha das súas principais medidas na última campaña electoral, a conversión de baixos en vivendas en barrios como Conxo e Santa Marta. Ademais fixo alusión a un conxunto de medidas fiscais, administrativas e normativas para protexer os propietarios que queiran alugar as súas vivendas e así aumentar o parque dispoñible.

Etiquetas

ppSantiago de Compostelavivenda
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

«Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino
Deportes

«Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

Dos peregrinas heridas de gravedad tras un accidente de tráfico en Santiago
Destacado

Dos peregrinas heridas de gravedad tras un accidente de tráfico en Santiago

Camela hará vibrar Santiago con un recorrido por más de tres décadas de éxitos
Arte y Cultura

Camela hará vibrar Santiago con un recorrido por más de tres décadas de éxitos

Detida unha persoa por unha agresión cunha botella no casco histórico de Santiago
Destacado

Detida unha persoa por unha agresión cunha botella no casco histórico de Santiago