ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadPolítica

Verea «preocupado» porque Santiago «se encha de milleiros de VUT dous meses ao ano»

O líder popular salientou que este tipo de medidas o que fomenta son os alugueiros temporais e non os permanentes.

Líder Redacción

Líder Redacción

4 de junio de 2024 a las 18:50

Compartir

Para Verea “estamos ante outro exemplo máis das políticas contradictorias do BNG coas que nos levan sorprendendo no seu primeiro ano de mandato”.

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, amosou hoxe a súa preocupación pola ordenanza para as Vivendas de Uso Turístico que BNG e CA van levar a Pleno.

Verea sostivo que “queda demostrado que Goretti Sanmartín di unha cousa e fai a contraria, como queda reflectivo coa presentación desta ordenanza”. Así, lembrou que “o BNG prometeulle ás familias con VUTS durante a campaña que ía regularizar a súa situación e o que pretende facer agora é ilegalizalas a todas”. Neste senso, salientou, “dunha persoa que minte non se pode un fiar”.

Por outra banda, Verea insistiu na preocupación do Partido Popular de Santiago pola intención do BNG e CA de autorizar milleiros e milleiros de VUTS dous meses ao ano por toda a cidade, “unha medida que vai destrozar o mercado de alugueiro”, lamentou. “Estamos ante outro exemplo da falla de xestión e de rigor deste goberno que defende unhas políticas de cara aos medios de comunicación pero despois os feitos demostran outras, -incidiu- non entendemos que a súa maneira de fomentar o acceso á vivenda das familias compostelás sexa permitir que durante dous meses ao ano calquera vivenda poida ser unha VUT, porque está claro que ese tipo de medidas fomentan os alugueiro temporais e non os permanentes”.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

“Tócalle ao BNG e CA explicar que tipo de política de turismo pretenden levar a cabo con estas accións, posto que veñen de conceder 400 prazas hoteleiras, a un fondo de inversión, en pleno corazón do Casco Histótico, no antigo Hospital de Galeras, e sen embargo ilegalizan a 400 familias compostelás que queren alugar a súa vivenda”, instou Verea. “Outro exemplo máis das políticas contradictorias do BNG coas que nos levan sorprendendo no seu primeiro ano de mandato”, salientou.

Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.