Vedra acolleu o Túnel do Viño da Ribeira do Ulla
O pasado venres 4 de outubro, tivo lugar na Casa de Cultura de San Miguel de Sarandón o Túnel do Viño da Ribeira do Ulla, unha iniciativa que tiña por finalidade poñer en valor os viños deste territorio.
Líder Redacción
8 de octubre de 2024 a las 21:02
Participaron un total de 15 adegas (Gómez e Rial, Pazo Arretén, Marecaste, Castro de Balar, Casa do Sol, Chouzal, Adega Valdés, Lixeles, Mar de Envero, María Manuela, Mar de Frades, Lagar de Bendaña, Barallobre, Castro Brey e Pazo Vedoira) con 25 marcas.
Un grupo de 60 persoas poideron desfrutar desta actividade que estivo dirixida polo técnico da D.O. Rías Baixas José Luis Martínez Canle.
Esta acción contou coa colaboración do GDR Terras de Compostela, do Concello de Vedra e do Consello Regulador da D.O. Rías Baixas