ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Actualidad

Veciños de San Lourenzo denuncian a reapertura dun local de ocio nocturno problemático

A Asociación Veciñal Río Sarela, de Santiago de Compostela, expresa a súa indignación pola reapertura dun local de ocio nocturno no barrio residencial de San Lourenzo, que xa foi clausurado en dúo ocasións por exceso de ruído. A entidade critica que, malia as reiteradas denuncias e os informes de mediciones acústicas desfavorables, o establecemento volva anunciar concertos para o 26 de abril –coincidindo co Día Internacional da Concienciación sobre o Ruído– e para finais de ano.

Líder Redacción

Líder Redacción

4 de abril de 2025 a las 16:15

Interior da sala Malatesta | Arquivo

Compartir

Os veciños denuncian a «absoluta indefensión» na que se atopan debido á inacción e ao «silencio administrativo» do Concello de Santiago. Segundo indican, o goberno municipal demostrou unha «incapacidade manifesta» para xestionar este problema, ignorando os informes oficiais de ruído que confirman que a actividade do local infrinxe tanto as ordenanzas municipais e autonómicas como a propia Constitución española, que garante o dereito ao descanso.

A asociación critica que o modelo de cidade actual fomente o «xolda sen control», priorizando o lecer nocturno sobre o benestar da cidadanía. Ademais, denuncian a falta de efectivos da Policía Local para actuar ante os problemas de ruído e comportamento incívico xerados por este e outros establecementos similares.

«O Concello de Santiago segue sen ofrecer un modelo de cidade acorde cunha capital declarada Patrimonio da Humanidade. No seu lugar, obríganos a vivir nun entorno inseguro, onde o ruído, a suciedade e o desorde campan ás súas anchas», afirman desde a Asociación Veciñal Río Sarela.

Os afectados insisten en que non están en contra do ocio nocturno, pero defenden que este debe estar localizado en espazos axeitados e fóra das zonas residenciais. «Toda industria ruidosa ou nociva debe situarse lonxe das vivendas. A nosa loita non é contra o lecer, senón contra a súa ubicación en lugares inapropiados», conclúen.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

A asociación fai un chamamento ao Concello para que tome medidas urxentes e garanta o cumprimento das normativas, priorizando os dereitos fundamentais da cidadanía sobre os intereses particulares dalga sobre os intereses particulares dalgúns negocios.

Etiquetas

compostelaComunicadodenunciasan lourenzoveciños
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Indignación por la aparición de pintadas xenófobas junto a la intermodal de Santiago
Destacado

Indignación por la aparición de pintadas xenófobas junto a la intermodal de Santiago

O PSdeG denuncia o abandono do Casco Histórico e reclama medidas urxentes
Actualidad

O PSdeG denuncia o abandono do Casco Histórico e reclama medidas urxentes

A solución ás gárgolas do Hostal: «Poderían quedar como quimeras e buscar unha canalización interna»
Destacado

A solución ás gárgolas do Hostal: «Poderían quedar como quimeras e buscar unha canalización interna»

A droga regresa con forza a Santa Marta: «Non é só un problema do barrio, é de todo Santiago»
Destacado

A droga regresa con forza a Santa Marta: «Non é só un problema do barrio, é de todo Santiago»