ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Actualidad

Veciños da rúa do Vilar reclaman indemnización polos cortes eléctricos

 

Líder Redacción

Líder Redacción

12 de marzo de 2024 a las 18:35

Compartir

 

 

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2024 (Vía Láctea Comunicación).- A Asociación de Veciños Cidade Histórica FONSECA acaba de presentar un recurso ante a Consellería de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia para defender os dereitos da veciñanza dun sector da rúa do Vilar afectada polos cortes da subministración eléctrica durante o pasado ano.

Neste escrito, a asociación solicita que se corrixan os erros que figuran na resolución da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Industria, trala reclamación interposta a este organismo fai uns meses. Ademais, vese necesario que se certifique o cómputo anual das interrupcións da subministración eléctrica, que se facilite a fórmula de cálculo que a veciñanza pode empregar para determinar as compensacións económicas, e que se inste a empresa distribuidora a cumprir coa súa obriga de abonar as cantidades correspondentes dentro deste primeiro trimestre de 2024

Nos meses de xuño e outubro de 2023, veciños do sector da rúa do Vilar, servido polo Centro de Transformación situado no edificio da Fundación Torrente Ballester, teñen sufrido cortes de enerxía eléctrica por un total de 9 horas e 15 minutos. Tendo en conta os precedentes, a asociación FONSECA, presentou no seu día escritos de reclamación na Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Industria da Xunta de Galicia, cuxa resolución recibiu recentemente.

Nesta resolución, acredítase que UFD Distribución Electricidad, S.A. ten que proceder, dentro do primeiro trimestre do 2024 a facer un abono aos veciños prexudicados polos cortes da subministración eléctrica, xa que o cómputo anual da súa duración supera o límite máximo permitido e establecido no Art. 104.2  do RD 1955/2000, que para o caso das subministracións en baixa tensión non pode superar as 5 horas no ano.

O cálculo da cantidade deste abono está regulado polo Art. 105 do mesmo R.D. 1955/2000, “Consecuencias da falla de calidade na Subministración eléctrica”, e aquí a veciñanza topouse coa dificultade de que a redacción de este artigo é tecnicamente confusa e, ao ter variado a estrutura das tarifas eléctricas, non é posible para os consumidores coñecer o importe de esas compensacións.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

 

Etiquetas

cidade historiacompostelacortes de luzfonsecaindemnizacionradio lider santiagorua do vilarsantiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

A solución ás gárgolas do Hostal: «Poderían quedar como quimeras e buscar unha canalización interna»
Destacado

A solución ás gárgolas do Hostal: «Poderían quedar como quimeras e buscar unha canalización interna»

A Vía Verde Compostela-Tambre-Lengüelle será unha realidade no verán de 2026
Actualidad

A Vía Verde Compostela-Tambre-Lengüelle será unha realidade no verán de 2026

El Estado realizará la mayor inversión de la historia en el aeropuerto de Santiago
Actualidad

El Estado realizará la mayor inversión de la historia en el aeropuerto de Santiago

O Victoria FC conmemora dez anos da súa sección feminina no Auditorio de Galicia
Actualidad

O Victoria FC conmemora dez anos da súa sección feminina no Auditorio de Galicia