ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaSaludSociedad

Veciñas de Frades dispoñen de transporte gratuíto ao Xil Casares para mamografías

27 de xaneiro de 2025.- O Concello de Frades informa de que o Programa Galego de Detección Precoz de Cancro de Mama ofrece dende mañá martes un servizo de transporte gratuíto para todas aquelas veciñas que teñan cita na Unidade de Exploración Mamográfica situada no Hospital Xil Casares de Santiago de Compostela. Un servizo de ida e volta que terá lugar os días 28, 29, 30 e 31 de xaneiro e o 3, 4, 5 e 6 de febreiro con dúas paradas cada día en:

Líder Redacción

Líder Redacción

27 de enero de 2025 a las 17:07

Compartir
  • Abellá (diante do Bar Novo) ás 7:30 e ás 11:30 horas.
  • Papucín (diante da Igrexa) ás 7:40 e ás 11:40 horas.
  • Vitre (no cruce xeral) ás 7:45 e ás 11:45 horas.
  • Campoduro, Céltigos (no cruce da N-634) ás 7:50 e ás 11:50 horas.
  • Ponte Carreira (campo da feira) ás 7:55 e ás 11:55 horas.

As citas de mamografía xa foron enviadas por SMS ao teléfono móbil que a usuaria puxera como teléfono de subscrición na súa tarxeta sanitaria. Nese SMS recibirán un link co horario e paradas indicadas. De non ter incluído este teléfono, a cita terá chegado por correo postal ao domicilio, xunto a unha folla informativa do servizo de transporte.

Como novidade, aquelas veciñas que desexen modificar a súa cita poderán facelo a través da aplicación SergasMovil. Un cambio que deberá realizarse sempre ANTES da cita, xa que non poderá anularse ou cambiar a cita se a data xa está pasada. Aquelas citas que sexan cambiadas a datas posteriores ao 6 de febreiro xa non terán opción ao servizo gratuíto de autobús, polo que terán que desprazarse a Santiago pola súa conta.

O Concello de Frades lembra tamén que ten en marcha dende o ano 2022 un servizo de bono-taxi, que permite desprazar gratuitamente a veciños e veciñas de Frades a centros sanitarios do Sergas. Un servizo ao que poden acceder persoas que vivan soas, teñan máis de 65 anos ou sexan maiores de idade cunha discapacidade igual ou superior ao 65% e que non dispoñan de vehículo propio (ademais de carecer de ingresos superiores ao 85% do IPREM anual da unidade familiar). Máis información, nos Servizos Sociais municipais.

Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.