ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

Val do Dubra aborda coa Xunta melloras en Portomouro

O alcalde de Val do Dubra, Diego Luis Díaz, e o tenente alcalde, Antonio Negreira, mantiveron unha reunión de traballo coa conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, e con Pablo Blanco, enxeñeiro técnico de Estudio Técnico Gallego, para expor algunhas necesidades do concello en materia de infraestruturas.

Líder Redacción

Líder Redacción

3 de abril de 2025 a las 00:00

Compartir

Na reunión, o Concello de Val do Dubra solicitou unha intervención no núcleo de Portomouro para mellorar a seguridade viaria na estrada AC-455. O Concello comprometeuse a elaborar unha memoria técnica que avalíe as actuacións necesarias para incrementar a seguridade nesta vía. Ademais, tamén se puxo sobre a mesa un proxecto a medio prazo para buscar unha alternativa ao tráfico pesado que circula pola zona, especialmente o que conecta Carballo e Santa Comba con Santiago e que se ve obrigado a cruzar polo núcleo de Portomouro. Segundo os datos de 2022, máis de 6.000 vehículos atravesan diariamente Portomouro, o que fai necesario abordar unha solución para minimizar o impacto na seguridade e na calidade de vida da veciñanza.

Outro dos temas prioritarios da reunión foi a mellora da ponte de Portomouro. Desde o Concello solicitouse á Consellería de Infraestruturas unha revisión estrutural, así como actuacións de limpeza, mantemento e conservación para garantir a súa seguridade a longo prazo.

Este encontro supón un primeiro paso para avanzar en melloras infraestruturais clave para Val do Dubra, e o Concello de Val do Dubra continuará traballando para que estas demandas se convertan en proxectos concretos nos próximos meses. O alcalde, Diego Luis Díaz, valora esta reunión dun xeito positivo e agarda que “a Consellería de Infraestruturas poida atender estas propostas que son necesarias para Val do Dubra e tamén para a súa contorna; dada a alta afluencia de vehículos que transcorren por estas vías que son detitularidade da Xunta de Galicia e que nos conectan desde a Costa da Morte ata a capitalidade galega” así, fala da necesidade de atender ás máis urxentes e ter en conta outras “en estudos a medio prazo”. O tenente alcalde, Antonio Negreira, reitera que se trata “dunha necesidade urxente, que implica varios concellos da contorna polo que agardamos sexa recollido nun proxecto de colaboración que garanta de forma segura e rápida a mellor desta zona”.

Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.