ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaDeportesPolítica

Uxía Pérez e David de la Fuente gañan a 10K de Padrón, que contou con máis de 1.300 atletas

• Completaron o podio Sofía Freaza, Nati García, Jorge Puig e Mehdi Elnabaoui
• Na 5K os gañadores foron Xoana Rodil, Isabel Soutullo e Inés Papín; Iván Puentes, Antonio Teijido e Brais García
• Lassana Troure e Thierno Sacko, dous dos inmigrantes do centro de acollida de Padrón, participaron na proba
• Público e participantes puideron degustar saborosos petiscos na foodtrack de Galicia Sabe Amar

Líder Redacción

Líder Redacción

15 de febrero de 2025 a las 22:17

Compartir

Padrón. 15-2-2025.- Uxía Pérez e David de la Fuente foron os gañadores absolutos da Padrón 10K, unha proba na que participaron os dous como preparación para o Campionato de España no que competirán proximamente. Esta XXII edición da carreira contou gran acollida por parte de atletas e afeccionados ao deporte, consolidándose como unha das probas de referencia no calendario atlético galego. Con máis de 1.300 atletas participantes, a cita reuniu corredores de todas as idades e niveis, incluídos dous dos emigrantes que están no centro de acollida de Padrón, que percorreron as distintas distancias habilitadas para cada categoría.

Na proba absoluta Uxía Pérez (36:12) sacoulle máis dun minuto a segunda clasificada, Sofía Freaza (37:43) e a terceira, Nati García Sánchez (37:50). Na categoría masculina o podio estivo máis igualado, cuns segundos de diferencia entre David de la Fuente (31:16), Jorge Puig (31:18) e Mehdi Elnabaoui (31:25).

A anécdota da proba absoluta protagonizárona Lassana Troure (dorsal 354) e Thierno Sacko (co 596), dous dos inmigrantes que están no centro de acollida de Padrón. Ambos decidiron correr 10K na súa primeira participación nunha carreira, na que estiveron arroupados polos compañeiros e director do centro.

Xoana Rodil (19:42) foi a gañadora na proba dos 5 quilómetros, por diante de Ana Isabel Soutullo (19:47) e Inés Papín (20:08). Na categoría masculina impúxose Iván Puentes (15:21), por diante de Antonio Teijido (15:36) e Brais Gracía (15:56).

Martina López Cristal e Martín Lestido levaron o premio como mellores atletas locais.
O evento deportivo arrancou ás 16:00 horas coas probas escolares, nas que participaron 415 nenos e nenas das diferentes franxas de idade, fomentando a práctica deportiva dende a infancia. A competición continuou ás 16:50 horas coa proba de 5K, que contou con 282 corredores maiores de 16 anos, mentres que o prato forte da xornada, a carreira de 10K, deu comezo ás 17:40 horas, reunindo a 614 participantes nun percorrido homologado pola Real Federación Española de Atletismo (RFEA).

O alcalde, Anxo Arca, o concelleiro de Deportes, Luis Mariño; e a concelleira de Turismo, Chus Campos, estiveron na liña de saída das dúas probas e entregando medallas aos escolares nunha xornada na que o ambiente de festa deportiva reuniu á veciñanza e aos vistantes de todas as idades no entorno do Campo do Souto.

Unha xornada deportiva e gastronómica

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

A carreira desenvolveuse nun ambiente festivo e cunha notable presenza de público ao longo do percorrido. Ademais, os asistentes tiveron a oportunidade de gozar da iniciativa gastronómica #GaliciaSabeAMar, promovida pola Xunta de Galicia, na que se ofreceron degustacións de petiscos elaborados con produtos do mar galego.

Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.