Unións Agrarias cifra en 65,5M€ os danos no agro galego polo paso da borrasca Kirk
Unións Agrarias estimou en 65,5 millóns de euros os danos causados pola borrasca Kirk no agro galego, con especial incidencia na provincia da Coruña. A organización agraria emitiu un comunicado de urxencia no que sinala que 21.844 hectáreas de millo foron gravemente afectadas, especialmente en zonas como a Costa da Morte, Ordes e Trazo, así como en parcelas anegadas en Cospeito e Vilalba, na provincia de Lugo. A produción forraxeira nestas áreas é crucial para a supervivencia das granxas locais.
Líder Redacción
11 de octubre de 2024 a las 23:16
Ademais, advirten de importantes perdas en soutos de castiñeiros en Viana do Bolo (Ourense), onde o forte vento provocou a caída prematura dos ourizos e das castañas, comprometendo a campaña deste ano.