Unha persoa evacuada en helicóptero tras caer dun tractor en Vila de Cruces
Líder Redacción
28 de abril de 2026 a las 22:25
Arquivo
Compartir
27 de abril de 2026.- Unha persoa resultou ferida este luns pola tarde tras caer dun tractor mentres traballaba nunha finca situada na zona da Contiña, na parroquia de Larazo, no concello de Vila de Cruces.
O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente arredor das 19:00 horas, despois de recibir a chamada dun alertador que informaba do sucedido. De inmediato, os xestores de emerxencias mobilizaron ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazou ata o lugar un helicóptero medicalizado con base en Santiago.
Segundo a información facilitada, a vítima non quedou atrapada tras a caída, pero foi igualmente evacuada por vía aérea debido á gravidade das lesións.
Ata o punto tamén se desprazaron efectivos dos Bombeiros do Deza, axentes da Garda Civil e membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Vila de Cruces, que colaboraron nas tarefas de asistencia e coordinación do operativo.