ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComarcaDeportesPolítica

Unha delegación padronesa oficializa en Madrid o ascenso da Clásica de Pascua ao calendario internacional de ciclismo

• A proba celebrarase o 12 de abril integrada dentro da categoría UCI 1.2 coa presenza de equipos profesionais, élite e sub-23

Líder Redacción

Líder Redacción

14 de enero de 2026 a las 18:17

Alcaldes de Padrón e Ontur, cos presidentes dos clubes ciclistas e representantes das deputacións da Coruña e Albacete

Compartir

• O alcalde, o presidente do Club Ciclista Padronés e o deputado provincial de Deportes asistiron no CSD á presentación da Challenge Futura

• Anxo Arca: “Sentímonos orgullosos de que Padrón aumente a súa proxección exterior grazas ao ciclismo”

Padrón. 14-1-2026.- Unha delegación padronesa desprazouse este mércores, 14 de xaneiro, á sede do Consello Superior de Deportes (CSD), en Madrid, para asistir á presentación oficial da Challenge Futura, campionato ciclista no que está integrada a Clásica de Pascua. Por primeira vez a cita organizada polo Club Ciclista Padronés ascende a categoría 1.2 do calendario da Unión Ciclista Internacional (UCI).

A Challenge Futura é unha nova competición creada pola Federación Española de Ciclismo no seu calendario oficial e na que competirán xuntos equipos profesionais, continentais e amateurs. As dúas probas incluídas na Challenge Futura son a Clásica de Pascua e o Gran Premio Primavera de Ontur-Deputación de Albacete, ambas as dúas consideradas carreiras de nivel 1.2 pola UCI.

A delegación padronesa no CSD estivo integrada polo alcalde, Anxo Arca; o concelleiro de Deportes, Luis Mariño; o presidente do Club Ciclista Padronés Cortizo, Tanis Vázquez; o director deportivo do equipo, Marcos Serrano, e o tesoureiro, Manuel Montenegro; así como o deputado provincial de Deportes da Deputación da Coruña, Antonio Leira, e o presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz, e o fundador e propietario do Grupo Cortizo, José Manuel Cortizo.

A 63ª edición da Clásica de Pascua celebrarase o 12 de abril coincidindo coa clausura das festas do Domingo de Pascuilla e volverá converter esa xornada nun día de especial relevancia para a vila. A outra proba da Challenge Futura disputarase o 22 de marzo en Albacete.

O alcalde, Anxo Arca, considera que con este recoñecemento “Padrón consolídase como berce do ciclismo galego. A Clásica de Pascua, a competición decana do ciclismo en Galicia, é o evento deportivo máis esperado das nosas festas e a partires de agora xerará aínda máis expectación dentro e fóra dos límites do noso concello. Grazas ao deporte e en especial ao ciclismo, Padrón está aumentar o seu peso e a súa proxección exterior, algo do que nos sentimos moi afortunados e moi orgullosos”.

Un obxectivo cumprido

O presidente do Club Ciclista Padronés, Tanis Vázquez, cualifica a inclusión da Clásica de Pascua de Padrón no calendario internacional da UCI como “unha gran noticia para o noso club e para Padrón”. O histórico dirixente adianta que na cita “participarán 12 equipos profesionais e 10 afeccionados”, encabezados polo Cortizo en calidade de anfitrión e líder do ranking nacional sub-23 da pasada tempada.

Entre os equipos profesionais xa confirmados para a Clásica de Pascua 2026 figuran Caja Rural, Kern Pharma, Burgos Burpellet BH, Euskaltel Euskadi, Arabay Illes Balears e Movistar Academy, completando a ducia de escuadras con outras de procedencia internacional.

O director deportivo do Cortizo, Marcos Serrano, destacou o cambio de paradigma que supón a creación da Challenge Futura: “Os equipos élite e sub-23 levabamos anos reivindicando que en España se puidese facer o que xa era habitual en países do noso entorno. A pasada tempada competimos en probas internacionais como o Circuito das Ardenas, o Giro del Belvedere ou o GP Palio del Recioto con corredores de superior categoría. Que esa posibilidade chegue agora tamén ao calendario español é unha gran noticia e vai supoñer un salto de calidade para os nosos ciclistas”.

Pola súa banda, o deputado provincial de Deportes, Antonio Leira, subliñou que este avance «supón un orgullo para a provincia da Coruña e un paso de enorme importancia para o ciclismo galego, elevando unha proba histórica a un escenario internacional». Leira destaca a labor do Club Ciclista Padronés Cortizo na promoción do ciclismo e o apoio constante que prestan ao club o Grupo Cortizo, o Concello de Padrón e a Deputación da Coruña, poñendo en valor a colaboración institucional como clave para o crecemento da proba.

Impacto social, económico e turístico

A participación da delegación padronesa neste acto de ámbito estatal evidencia o compromiso do Concello de Padrón co deporte de base e de alto nivel, así como coa colaboración institucional necesaria para consolidar eventos que proxectan o nome da vila máis alá do ámbito local. A Clásica de Pascua afronta así unha nova etapa que reforza o seu prestixio deportivo e o seu impacto social, económico e turístico, contribuíndo á dinamización da hostalería, do comercio e do conxunto do tecido padronés.

 

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

 

Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.