Unha colisión entre dous coches deixou tres persoas feridas en Ribeira
Ocorreu no quilómetro 5 da AC-303, en Olveira.
Líder Redacción
7 de julio de 2025 a las 21:01
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos dez minutos despois do mediodía, a través do sistema de aviso automático dun dos vehículos implicados. Durante a primeira comunicación, sinalouse que había polo menos un ferido e, pouco despois, os medios no punto engadiron que varias persoas permanecían no interior dos coches.
Nada máis recibir a información sobre este accidente, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros e do GAEM de Ribeira, da Garda Civil de Tráfico e dos axentes da Policía Local.
Os bombeiros confirmaron logo de valorar a situación que había tres persoas feridas, pero que estaban liberadas e accesibles.
Estas foron atendidas e posteriormente trasladadas en ambulancia polos servizos sanitarios.