ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadDestacado

Un ‘sereno’ recepcionará as mercadorías na zona histórica de Santiago

Na rolda de prensa de presentación do proxecto piloto participaron, ademais do concelleiro, Marta Gómez Álvarez, representante da Asociación de Distribuidores de Galicia; Serxio Fernández, de Hostalaría.gal; e Ramón García, de Hostelería Compostela.  Xan Duro agradeceu a vontade de colaboración de todas as entidades e dos negocios participantes, “para procurar solucións aos problemas do reparto de mercadorías na zona histórica, onde temos que garantir a protección ao patrimonio e facela compatible coa actividade diaria dun espazo que tén que seguir estando vivo”.

Líder Redacción

Líder Redacción

7 de diciembre de 2024 a las 13:24

Compartir

Pola súa banda, Marta Gómez mostrou “a total implicación das empresas de distribución, que estamos convencidas de que Santiago vai ser pioneiro con este modelo que de seguro se vai copiar noutras zonas históricas”. Desde Hostalaría.gal, Serxio Fernández recoñeceu que “houbo reticencias iniciais, pero despois de moito traballo estamos seguros de que se seguirán sumando establecementos a este proxecto, e conseguiremos o reto de que o reparto non se vexa na zona vella, que será a mostra de que funciona ben”. Pola súa banda, Ramón García de Hostelería Compostela, puxo en valor “a colaboración e a unión de diferentes sectores e a concellaría na procura da solución aos problemas existentes”.

Funcionamento do proxecto

O concelleiro de Mobilidade lembrou que a ordenanza de Circulación aprobada de maneira definitiva en setembro por unanimidade de todos os grupos da Corporación, fixou o horario de carga e descarga de mercadorías na zona histórica de 7 a 10 horas, “pero a realidade é que moitos establecementos de hostalería deste ámbito abren as súas portas con posterioridade, o que dificulta o reparto e obriga a algúns hostaleiros a contar cunha persoa específica para recibir as mercadorías”.

Diante desta situación, o Concello, Adisga e as asociacións de hostalería poñen en marcha un proxecto piloto que permitirá implantar a figura de recepcionista de mercadorías, “imitando a antiga figura do sereno”, unha persoa que se encargará de abrir as portas de todos os establecementos participantes para revisar e recepcionar as mercadorías das empresas de distribución asociadas. Xan Duro explicou que con este sistema “gañamos todos e todas: os hostaleiros que non precisan mudar os seus horarios e teñen a garantía de recibir correctamente os seus produtos, as empresas de distribución que verán facilitado o seu traballo e o cumprimento dos horarios de reparto, e o conxunto da cidade, porque axudaremos a limitar a presenza de camións na zona histórica”.

O proxecto piloto terá unha duración de tres meses, e será o Concello quen sufrague neste tempo os custos da iniciativa. Pasado este tempo, avaliarase o funcionamento da figura dos recepcionistas de mercadorías, co obxectivo de que se sumen máis establecementos.

Establecementos e empresas participantes

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

No proxecto piloto participan 12 establecementos hostaleiros da zona histórica: O Piorno, Vilar 64, Fogar do Santiso, Café Casino, A Fuego Lento, María Castaña, Ventosela, O Atrio, Tixola, A Pedra, Charra e O Bombeiro. Pola parte das empresas de distribución, e baixo o paraugas de Adisga, participan Gil Suárez, Disgobe, Grupo JB Cao, Almacenes Moure, Dismavi e Dysbodesa.

Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.