Un operario perde a vida tras caer dun guindastre en Lalín
Un home faleceu hoxe en Lalín tras caer dende unha altura de aproximadamente seis metros mentres traballaba nun guindastre. O accidente tivo lugar no lugar de A Igrexa, na parroquia de Goiás.
Líder Redacción
18 de octubre de 2024 a las 18:11
No operativo de emerxencia participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, o GES de Lalín, a Garda Civil, a Policía Local e Protección Civil.
Por agora, non se coñecen máis detalles sobre as circunstancias do suceso. A redacción actualizará a información a medida que dispoñamos de máis datos.