Un falecido e dous feridos nun choque múltiple no corredor Santiago-Noia
Un accidente mortal rexistrado esta mañá no corredor Santiago-Noia, á altura do quilómetro 12,5, deixou como balance unha persoa falecida e dous feridos, un deles evacuado en helicóptero. No sinistro víronse implicados tres vehículos, dous camións e un turismo no que viaxaban dúas persoas.
Líder Redacción
2 de octubre de 2025 a las 11:50
GES BRIÓN
No punto traballan tres ambulancias, o helicóptero medicalizado, varias patrullas da Garda Civil de Tráfico, a Policía Local de Brión, equipos de mantemento de estradas, o GES de Brión e os Bombeiros de Santa Comba.
A circulación permanece cortada entre as rotondas de Urdilde e Brión para permitir os labores de retirada de vehículos, limpeza de escombros e acondicionamento da vía. O tráfico está a rexistrar importantes retencións na contorna.



