ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Arte y CulturaDestacado

Tres curtas francesas e unha rusa gañan no VI festival Cinema Miúdo

Líder Redacción

Líder Redacción

20 de noviembre de 2023 a las 13:02

Compartir
  • Preto dun millar de persoas acudiron ás Casas da Cultura do Milladoiro e Bertamiráns esta fin de semana para desfrutar da selección de curtametraxes internacionais de Cinema Miúdo
  • As curtas francesas Entre dúas irmás, O Ganso e Boom e a rusa Falando de paxaros recibiron os premios do xurado e do público nunha gala presentada polo pallaso moañés Rogelio
  • O alcalde e concelleiro de Cultura, Blas García, expresou durante a gala de clausura que “Cinema Miúdo é froito do traballo de todo un ano. É unha cita imprescindible para as familias de Ames”

Ames, 20 de novembro de 2023.- O Concello de Ames acolleu esta fin de semana a sexta edición de Cinema Miúdo, o certame internacional de cinema para público infantil.

Durante catro días proxectáronse 75 curtametraxes, divididas entre a Selección Oficial e tres sesións especiais. Tamén se celebrou un obradoiro de dioramas e desfrutouse coas actuacións de Kote Malabar e Rogelio. Ao acto de clausura e entrega de premios acudiron o alcalde e concelleiro de Cultura, Blas García, a concelleira de Planificación e xestión educativa e Mocidade, Carmen Porto, a deputada da área de Cultura da Deputación da Coruña, Natividade González, e Tatiana Santiago, animadora 2D e integrante do xurado do festival.

En total, entre o 16 e o 19 de novembro, Cinema Miúdo contou con case mil asistentes, dos que 590 corresponden a escolares de primaria e secundaria. Ademais, as dúas sesións do obradoiro acolleron a 15 nenas e nenos cada un, que realizaron unha escenografía dentro dunha caixa de cartón.

O alcalde e concelleiro de Cultura, Blas García, expresou durante a gala de clausura que “Cinema Miúdo é froito do traballo de todo un ano. É unha cita imprescindible para as familias de Ames. Como concello máis xoven que somos de Galicia temos a obriga de apostar por iniciativas como Cinema Miúdo e trataremos de seguir potenciándoa en vindeiras edicións co obxectivo de achegarlle a cultura do audiovisual aos rapaces e rapazas de Ames”.

Palmarés do festival

A Selección Oficial estivo formada por 37 curtametraxes internacionais inéditas e complicadas de atopar nas plataformas que espertan nas xeracións máis novas empatía e a vontade de descubrimento cara outras culturas. Todas elas divididas en dous bloques por idades: Axóuxeres, para nenas e nenos de entre 2 e 7 anos; e Buxainas, para maiores de 7.

O xurado estivo formado por Miguel López, coñecido como Hematocrítico, autor de literatura infantil, mestre e famoso twitteiro; Tatiana Santiago, animadora 2D e Laura Gonçalves, animadora e directora portuguesa.

O xurado escolleu Falando de paxaros, coma gañadora do Premio Axóuxeres do Xurado por considerala “unha divertidísima curtametraxe realizada nun fantástico 2D que bebe do cine underground para contarnos unha fabulosa batalla que nos trae á memoria clásicos de Tex Avery ou Chuck Jones, pero sempre cun pé no s. XXI”. Trátase dunha curtametraxe rusa da directora Alla Vartanya que xa pasou pola selección oficial de festivais de Rusia, Italia, España ou Croacia. Tamén decidiu darlle unha mención especial á curtametraxe O Ganso, un exercicio de estilo que combina animación en 2D e 3D para narrar unha historia de humor, tenrura e suspense. Esta peza está coproducida entre Chequia e Francia e dirixida por Alfredo Soderguit e Alejo Schittini

O Premio Buxainas do Xurado recaeu na curtametraxe francesa Entre dúas irmás, dirixida por Clément Céard e Anne-Sophie Gousset, que xa atesoura mencións en diversos festival europeos. A decisión do xurado estivo motivada “pola súa capacidade de sorprender, emocionar e levarnos da man por unha historia que emprega a inclusión dun xeito rompedor e que reborda felicidade en cada escena”.

Por outra banda, as miúdas e miúdos que acudiron a Cinema Miúdo durante estas tres xornadas valoraron as pezas a través da súa ovación, recollida por un aplausómetro. As pezas máis aplaudidas foron O Ganso, que recibiu o Premio do Público Axóuxeres e Boom, que se alzou co Premio do Público Buxainas. Esta última é unha divertidísima produción francesa sobre unha parella de paxaros que fará todo o posible por protexer os seus ovos dunha erupción volcánica.

Cinema Miúdo

Cinema Miúdo é un festival de cine infantil, que naceu no concello de Ames en 2017. O festival quere proporcionar ao público miúdo galego a oportunidade de desfrutar de filmes inéditos, orixinais, sorprendentes e de descubrir olladas doutras partes do mundo. O seu obxectivo desde 2017 é formar un público futuro con sensibilidade artística, interese cultural e espírito crítico ante o consumo audiovisual.

Deste xeito, propíciase que a rapazada descubra o gusto polo cinema e fórmase un público futuro con sensibilidade artística, interese cultural e espírito crítico ante o consumo audiovisual. Algo de especial relevancia para o Concello de Ames, que ten a maior ratio de nenos e nenas de toda Galicia.

Foron catro días de programación pensada para brindar ás nenas e nenos galegas e galegos a oportunidade de desfrutar de filmes inéditos, orixinais, sorprendentes e de descubrir olladas doutras partes do mundo a través do cinema. Houbo máis de 60 curtas e unha longametraxe, ademais dun obradoiro e actuacións de circo e humor.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

A produtora Abella estivo detrás da programación e produción desta sexta edición. A empresa galega traballou en varias das edicións e asumiu a xestión integral do evento oano pasado, no que aplica a súa experiencia á fronte doutros festivais de cine como o Galician Freaky Film Festival ou o Primavera do Cine.

Etiquetas

amescinema miudocurtas
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística
Deportes

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán
Deportes

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación
Comarca

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación