ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

Treixadura actuará na Estrada o Día das Letras Galegas

 

Líder Redacción

Líder Redacción

2 de abril de 2025 a las 19:08

Treixadura nunha imaxe de arquivo

Compartir

O mítico grupo ofrecerá un concerto nocturno o 17 de maio para pór o broche do Día das Letras Galegas, na Praza da Constitución.

É a aposta estradense dentro do plan provincial que busca facilitar aos concellos a programación cultural e artística en lingua galega.

A Estrada, 2 de abril de 2025.- O mes de maio chegará este ano novamente cargado de actividade no Concello da Estrada. Co arranque da tempada de pesca de salmón, tan famosa nos cotos que o río Ulla, e a celebración do evento gastronómico por excelencia do municipio e todo o que rodeará ao seu día grande na terceira fin de semana de maio, o goberno local traballa no deseño do que será a Semana das Letras Galegas. A primeira actividade confirmouse esta mañá. O mítico grupo Treixadura ofrecerá un concerto gratuíto na Praza da Constitución o mesmo 17 de maio, engrandecendo e poñendo broche nocturno ao programa das Letras na capital estradense.

Nun ano no que a Real Academia Galega (RAG) resolveu dedicar o Días das Letras Galegas á poesía popular oral -unha representación colectiva personificada en catro pandeireteiras de Malpica-, o goberno que encabeza Gonzalo Louzao Dono quixo que o 17 de maio soe a tradición na Estrada. Contando co respaldo da Deputación de Pontevedra nesta aposta, o día grande das Letras pecharase ao pé do consistorio estradense co espectáculo musical que ofrece Treixadura, cunha maneira moi característica e persoal de enlazar a raíz musical da cultura galega co xeito de entender hoxe a música tradicional.

O concerto de Treixadura será totalmente gratuíto, grazas á achega fundamental que realiza para o seu financiamento a Deputación de Pontevedra a través do Plan +Música. O concelleira estradense de Cultura, Lucía Seoane, desprazouse hai uns días ata a sede da institución provincial para asistir á presentación das liñas fundamentais do programa, un encontro ao que acudiron representantes de diferentes concellos pontevedreses e que contou coas intervención do presidente provincial, Luis López, e do deputado de Cultura, Jorge Cubela, entre outros. Foron eles os encargados de anunciar que este plan volverá experimentar este ano un novo incremento de fondos, chegando aos 700.000 euros.

A Estrada escolleu destinar a parte que lle corresponda dentro do Plan+Música á contratación de Treixadura, grupo incluído no catálogo dun programa que busca apoiar a actividade artística profesional en galego nos concellos de Pontevedra. A iniciativa pretende favorecer a programación desta natureza en concellos de menos de 50.000 habitantes, contribuíndo a descentralizar a oferta cultural.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Ao longo da súa traxectoria son moitas as melodías que os integrantes de Treixadura rescataron do anonimato e outras tantas creadas para que a cadea de transmisión da música tradicional continúe viva. A formación atesoura 25 anos de gravacións e concertos, 6 discos no mercado, unha variada gama de colaboracións discográficas e un cuarto de século compartindo co público o poder e a forza do canto colectivo.

Etiquetas

a estradaculturadia das letras galegasmusicatreixadura
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Case 80 metros de barra, zona tranquila na alameda ou posto de venda de botellas, novidades da XIII Feira da Sidra
Comarca

Case 80 metros de barra, zona tranquila na alameda ou posto de venda de botellas, novidades da XIII Feira da Sidra

Recantos sae dos estudios de televisión e percorre Galicia para atopar os artistas do futuro
Destacado

Recantos sae dos estudios de televisión e percorre Galicia para atopar os artistas do futuro

DELACUEVA, este viernes en Sala Sónar: “Para mí, el pop es todo lo que es accesible y tarareable”
Actualidad

DELACUEVA, este viernes en Sala Sónar: “Para mí, el pop es todo lo que es accesible y tarareable”

A Feira da Sidra da Estrada activa a venda anticipada de vasos para reducir colas
Comarca

A Feira da Sidra da Estrada activa a venda anticipada de vasos para reducir colas