ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

DestacadoSucesos

Traxedia en Santiago: unha muller falece tras ser atropelada polo tren turístico

 

Líder Redacción

Líder Redacción

29 de agosto de 2025 a las 16:07

Imaxe: Salseo USC

Compartir

Unha muller de 84 anos e veciña da capital galega perdeu a vida na mañá deste venres en Santiago despois de ser atropelada polo tren turístico na rúa Virxe da Cerca. O accidente produciuse arredor das 12.00 horas, a escasos metros da entrada á Praza de Abastos.

Segundo as primeiras investigacións, a vítima cruzaba a calzada fóra do paso de peóns no momento do impacto. Os servizos de emerxencias nada puideron facer por salvarlle a vida.

A Policía Local mantivo acordonada a zona ata a chegada do xuíz de garda para proceder ao levantamento do cadáver. Durante ese tempo, a rúa permaneceu pechada ao tráfico entre a Praza de Galicia e Porta do Camiño.

No tren viaxaban 39 persoas, que resultaron ilesas, segundo informou o Concello. O vehículo xa foi retirado da rúa e xa se restableceu a circulación.

Ata o lugar desprazouse un amplo operativo con efectivos sanitarios, bombeiros e axentes da Policía Local, así como o concelleiro de Seguridade Cidadá, Xan Duro. Tamén acudiu José Ramón Mosquera, xerente da empresa municipal de transporte (Tussa).

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

O suceso causou unha grande expectación nunha das zonas máis concorridas da cidade.

Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.