ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadEducación

“Traballar, escoitar e dialogar”: Crujeiras marca a folla de ruta para a segunda volta na USC

Líder Redacción

Líder Redacción

27 de febrero de 2026 a las 12:37

Compartir
  • A candidata a reitora, sendo a candidatura máis votada tras obter o 41% dos votos na primeira volta, «queremos construír, entre todas e todos, o mellor goberno posible para a USC» afirmou
  • Crujeiras comezou a súa axenda electoral no campus de Lugo con reunións abertas á comunidade universitaria para «concretar accións» do programa

Lugo, 27 de febreiro. A candidata a reitora da Universidade de Santiago de Compostela, Rosa Crujeiras, deu comezo esta mañá no campus de Lugo á campaña electoral da segunda volta co compromiso de «traballar centro a centro, escoitar, dialogar e compartir propostas» con toda a comunidade universitaria. A catedrática en Matemáticas afronta esta nova fase electoral tras ser a candidata máis votada na primeira volta, cun programa avalado polo 41% dos sufraxios, «un resultado que nos dá forza e responsabilidade», segundo manifestou.

Crujeiras explicou que nesta segunda volta «é hora de facer o máis importante: traballar centro a centro, escoitar, dialogar e compartir propostas coa comunidade universitaria». Neste sentido, a candidata avanzou que durante os vindeiros días manterá reunións con diferentes grupos de traballo abertos á participación de todos os sectores universitarios. «Queremos construír, entre todas e todos, o mellor goberno posible para a USC», afirmou.

A candidata salientou que a campaña para esta segunda volta preséntase «con moitos ánimos e coa vontade de seguir dialogando, de seguir escoitando a toda a comunidade universitaria que nos manifestou un amplísimo apoio na primeira volta». Nesta nova fase, o obxectivo non é presentar de novo o programa, senón «seguir traballando e mantendo xuntanzas cos distintos colectivos enfocadas a concretar máis accións das que tiñamos dentro do programa que presentamos para estas eleccións».

Etiquetas

Eleccións USCrosa crujeiras
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Un blog personal de 2006 fuerza la desvinculación de Luís Míguez del equipo de Crujeiras
Actualidad

Un blog personal de 2006 fuerza la desvinculación de Luís Míguez del equipo de Crujeiras

O Consello do Estudantado salienta que o voto do alumnado será clave na elección da nova reitora da USC
Actualidad

O Consello do Estudantado salienta que o voto do alumnado será clave na elección da nova reitora da USC

A USC fixa o 12 de febreiro para a primeira volta das eleccións ao Reitorado
Actualidad

A USC fixa o 12 de febreiro para a primeira volta das eleccións ao Reitorado