ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComarcaDeportes

Tomás Pombo, gañador da XVI Carreira do Pavo en Bertamiráns

Líder Redacción

Líder Redacción

18 de diciembre de 2023 a las 16:41

Compartir
  • Un total de 98 ciclistas participaron este domingo na XVI Carreira Ciclista do Pavo
  • Tomás Pombo quedou en primeira posición, seguido de Xoel Blanco e Javier Iglesias, que quedaron en segunda e terceira posición respectivamente
  • Ao remate da proba, os membros da comunidade do ciclismo galego que se achegou á carreira participou nunha homenaxe a Iván Raña

Ames, 18 de decembro de 2023.- A localidade de Bertamiráns acolleu este domingo, 17 de decembro, unha nova edición da tradicional Carreira Ciclista do Pavo. Tomás Pombo quedou en primeira posición, seguido de Xoel Blanco e Javier Iglesias, que quedaron en segunda e terceira posición respectivamente. Nesta proba participaron un total de 98 ciclistas. Antes da carreira, houbo unha xincana na que participaron nenos e nenas. Nese evento deportivo homenaxeouse a Iván Raña. Premendo nesa ligazón podes ver a galería de fotos da carreira do pavo.

Un total de 98 ciclistas participaron este domingo na XVI Carreira Ciclista do Pavo. Os participantes tiveron que dar 20 voltas ao circuíto, duns 1.600 metros de lonxitude. O gañador da proba foi Tomás Pombo, mentres que na segunda e terceira posición quedaron Xoel Blanco e Javier Iglesias, respectivamente.

Ademais, ao comezo das voltas 5, 10 e 15 realizáronse sprints especiais ao paso por meta, para repartir agasallos de Nadal entre os gañadores/as. Os premios dos sprints foron para Cristian Lapido e Tomas Pombo.

Como xa é habitual, os premios da carreira consistiron na entrega dun pavo, un polo e unha perdiz para o primeiro, segundo e terceiro clasificado, respectivamente. Cómpre sinalar que non se trata de animais vivos, e que estes obsequios se entregan ás primeiras persoas en cruzar a meta, ao só haber unha categoría de competición.

No acto da entrega de premios estiveron o alcalde de Ames, Blas García, a concelleira de Deportes, Susana Señorís, e outros/as concelleiros/as do grupo de goberno, así como representantes do Partido Popular e do Bloque Nacionalista Galego de Ames.

Homenaxe a Iván Raña

Ao remate da proba, os membros da comunidade do ciclismo galego que se achegou á carreira participou nunha homenaxe a Iván Raña, que en setembro deste ano se converteu no primeiro triatleta español en ser incluído no Salón da Fama do World Triathlon, en recoñecemento á súa exitosa traxectoria deportiva.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Raña foi o primeiro campión do mundo español desta disciplina en 2002. Así mesmo, logrou tamén outros dous títulos de campión de Europa e un ouro do Mundial de Acuatlón, ademais de tres participacións en Xogos Olímpicos.

Etiquetas

amescarreira do pavociclismodeportes
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.