ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Deportes

Thiago Vilas e Lucas Castillo, campións de España de squash sub-13 e sub-17

Líder Redacción

Líder Redacción

17 de abril de 2026 a las 19:06

Compartir
  • Ademais destes dous ouros, outros tres deportistas do club Squash Santiago acadaron medalla: Pedro Alonso logrou a medalla de prata na categoría sub-13; Mara Prieto conseguiu un valioso bronce na categoría sub-17 feminina e Gael Prieto foi bronce na categoría sub-17 masculina
  • Os irmáns Mara e Gael Prieto Mariño foron beneficiarios, no ano 2025, de 2 das 21 bolsas de axuda aos deportistas locais que ofertou o Concello de Ames

Ames, 17 de abril de 2026.- Os deportistas amesáns do club Squash Santiago, Thiago Vilas e Lucas Castillo acadaron cadansúa medalla de ouro nas categorías sub-13 e sub-17, respectivamente, no Campionato de España de squash celebrado a pasada fin de semana, entre os días 10 e 12 de abril, nas instalacións do Squash Ponferrada. Ademais destes dous ouros, outros tres deportistas do club Squash Santiago acadaron medalla: Pedro Alonso logrou a medalla de prata na categoría sub-13; Mara Prieto conseguiu un valioso bronce na categoría sub-17 feminina e Gael Prieto foi bronce na categoría sub-17 masculina. Ademais, participaron Roi Carreira, Nicolás Castro e Mauro Vilas na categoría sub-17.

O deporte amesán está de celebración logo das cinco medallas acadadas esta pasada fin de semana no Campionato de España de squash sub-13 e sub-17 por deportistas do club Squash Santiago, que ten as súas instalacións no Milladoiro. Catro dos medallistas son veciños/as de Ames.

Tiago Vilas e Lucas Castillo foron os campións masculinos das categorías sub-13 e sub-17, respectivamente. Tiago impúxose con solvencia ao non ceder ningún xogo durante o torneo e con este suma xa catro torneos estatais. Pola súa parte, Lucas, que viña de competir coa selección sub-19 no europeo, venceu na final ao vasco Itzel Reguero.

Ademais destes dous ouros, outros tres deportistas do club Squash Santiago acadaron medalla: Pedro Alonso logrou a medalla de prata na categoría sub-13, onde xogou na final contra o deportista amesán Thiago Vilas. Na competición feminina sub-17, Mara Prieto acadou a terceira posición nun podio que compartiu coa madrileña Andrea González e a murciana Mónica Hernández; e o seu irmán Gael Prieto tamén foi bronce na categoría sub-17 masculina.

Na categoría sub-17 tamén participaron outros tres deportistas do club Squash Santiago. Nicolás Castro, que foi sétimo; Mauro Vilas, que acadou a décima posición; e Roi Carreira.

Bolsas municipais ao deporte

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Os irmáns Mara e Gael Prieto Mariño foron beneficiarios, no ano 2025, de 2 das 21 bolsas de axuda aos deportistas locais que ofertou o Concello de Ames. Unha convocatoria por valor de 10.000 euros que ten como obxectivo apoiar a práctica e o rendemento deportivo, así como posibilitar a participación dos e das deportistas do concello en eventos deportivos. Cada deportista puido optar a unha axuda máxima de 700 euros.

Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.