ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

Teo nomeará fillos adoptivos a Roberto Vilar e Romero Masiá

A alcaldesa, Lucía Calvo de la Uz, mantivo unha reunión con eles para comunicarlles esta proposta, a cal se levará ao Pleno do vindeiro mércores.

Líder Redacción

Líder Redacción

24 de abril de 2025 a las 22:03

Compartir

A rexedora puxo en valor o traballo levado a cabo por todos eles, centrándose na súa achega pública e a súa contribución á sociedade.

Teo (A Coruña), 24 de abril de 2025.- A alcaldesa de Teo, Lucía Calvo de la Uz, mantivo esta mañá un encontro con Roberto Vilar e Rafael Romero Masiá para comunicarlles que no vindeiro Pleno se proporá o seu nomeamento como fillos adoptivos do Concello de Teo. Do mesmo xeito, trasladoulle á presidenta de Teenses pola Igualdade, Zora Leis, que a asociación recibirá unha mención de honra.

Neste senso, Calvo de la Uz puxo en valor o traballo levado a cabo por todos eles, contribuíndo a espallar a cultura e a arte, así como o nome de Galicia, polo mundo adiante e defendendo, no caso da asociación, a igualdade de oportunidades en todos os eidos da vida de forma conxunta.

Todas estas manifestacións e contribucións á unha sociedade máis xusta e equitativa merecen, segundo a rexedora municipal, unha distinción de peso que permita ser recordada no tempo. De feito, aproveitou a xuntanza para agradecerlles, en nome do Concello, a súa achega ao mundo da cultura en xeral e das belas artes, da comunicación e da defensa pola igualdade en particular.

O nomeamento de fillo adoptivo e da mención de honra veñen fundamentados no disposto no Regulamento de condecoracións do propio Concello de Teo (publicado no Boletín Oficial da Provincia núm. 274 do 28.11.1998), en consonancia cos artigos 190 e 191 do Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais (ROF).

Persoas ilustres

O actor e presentador galego, Roberto Vilar, comenzou como cámara e axudante de realización de programas na Televisión de Galicia, pero non tardou en pasar ao outro lado da cámara. O seu éxito chega ao interpretar na parella humorística «Os Tonechos» o papel de Tonecho, realizando unha infinidade de actuacións no programa «Luar» da TVG. No 2009, arranca cun novo programa de humor que presenta, dirixe e produce chamado «Land Rober», que máis tarde pasará a ser «Land Rober – Tunai Show». Precisamente, da man destes programas, recibiu varios Premios Mestre Mateo como Mellor Comunicador de Televisión.

O artista santiagués Rafael Romero Masiá é licenciado en Belas Artes pola facultade de Santa Isabel de Hungría, en Sevilla. Dende o ano 1982 é profesor numerario de debuxo artístico na Escola de Artes Plásticas e Deseño Maestro Mateo, en Santiago de Compostela. As súas exposicións individuais e colectivas chegaron a numerosos recunchos da xeografía española e a cidades como París ou Lorient (Francia). Entre os seus galardóns destacan:

1º Premio Provincial no XXVIII Certame Nacional de Arte

2º Premio do Primeiro Certame Nacional de Pintura “Isidro Parga Pondal”

1º Premio no IV Certame Internacional de Pintura “Puerto Banús” de Marbella

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

A asociación Teenses pola Igualdade naceu no ano 2003 co propósito de traballar pola igualdade de oportunidades e erradicar a violencia contra as mulleres, buscando unha igualdade real e efectiva. A súa defensa dunha sociedade inclusiva e respectuosa fixo que recibira recentemente unha mención honorífica nos Recoñecementos Meninas, outorgados pola Delegación do Goberno.

Etiquetas

teo fillos adoptivos
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.