ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

Taboada solicita á Xunta o bombeo para conectar Castrofeito e O Amenal coa depuradora de Arca

Líder Redacción

Líder Redacción

24 de julio de 2025 a las 13:29

Compartir
  • O alcalde do Pino acompañou á conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez durante a visita que fixo á nova EDAR, á que tamén asistiron veciños e veciñas
  • A conselleira incidiu na importancia de concienciar a poboación para que non tire polos desaugues toalliñas, cueiros, aceites ou material que dificultan o tratamento das augas
  • A Xunta fixo un investimento de 2,2 millóns de euros na EDAR Arca, que agora verte auga totalmente depuradas ao rego do Burgo

O Pino. 23-7-2025.- O alcalde do Pino, Manuel Taboada, acompañou esta mañá á conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez durante a visita que esta fixo á depuradora de Arca, financiada con 2,2 millóns pola Xunta e que xa está dando servizo a arredor de 1.200 veciños de cinco núcleos de poboación. Manuel Taboada solicitoulle á conselleira financiación para instalar o bombeo e os colectores para conectar Castrofeito e O Amenal coa nova depuradora.

Ademais do alcalde, acompañaron á conselleira o director de Augas de Galicia, Roi Fernández; o director xeral de Viaqua, Nicolás Esmorís, e veciños e veciñas de Arca, que puideron coñecer como funciona a nova depuradora e o ciclo que seguen as augas residuais dende que entran nas instalacións ata que, xa completamente depuradas, se verten ao rego do Burgo.

Ángeles Vázquez insistiu na importancia de concienciar a toda a veciñanza para que non se tiren polos desaugues aceite usado, toalliñas, cueiros, compresas a todos aqueles produtos que dificultan a depuración das augas residuais. A conselleira lembrou que facer unha boa reciclaxe no fogar é importante para preservar o medio ambiente e diminuír os custos de mantemento da depuradora.

Manuel Taboada lembrou que o mantemento da depuradora suponlle para as arcas municipais uns gastos superiores aos 10.000 euros mensuais. O alcalde lembrou que na nova ordenanza, que se espera entre en vigor o vindeiro ano, o Concello ten que repercutir por lei este custo nos recibos.

Durante a súa visita ás instalacións, a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, explicou que aínda que de momento a EDAR beneficia a todos os habitantes dos núcleos do Pedrouzo, A Igrexa, Vilaboa, A Rúa e Santo Antón, ten capacidade para poder atender unha poboación equivalente de máis de 3.000 habitantes, polo que está preparada para afrontar posibles incrementos futuros de poboación, xa sexan estables ou puntuais.

A responsable autonómica explicou que os traballos executados incluíron tamén a dotación dunha estación de bombeo de augas residuais (EBAR), o acondicionamento de 1.230 metros dun colector existente na marxe do rego do Burgo e a instalación de 640 metros de novas conducións para conectar coa nova depuradora. En total, o investimento da Xunta na realización destas actuacións suma 2,2 millóns de euros.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

As obras, cofinanciadas co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), foron executadas por Augas de Galicia e postas á disposición do Concello do Pino para que asumira a súa explotación a finais de 2024, polo que xa levan varios meses en servizo.

Etiquetas

arcadepuradorao pino
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

O Pino compite no Provincial de Bádminton en Outes
Deportes

O Pino compite no Provincial de Bádminton en Outes

Manuel Taboada frea a subida da auga no Pino: “Non podemos asfixiar aos veciños con impostos”
Comarca

Manuel Taboada frea a subida da auga no Pino: “Non podemos asfixiar aos veciños con impostos”

El Euromillones deja un premio de un millón de euros en O Pino
Comarca

El Euromillones deja un premio de un millón de euros en O Pino

O Pino promove cursos de primeiros auxilios entre o alumnado do CPI Camiño de Santiago
Comarca

O Pino promove cursos de primeiros auxilios entre o alumnado do CPI Camiño de Santiago