ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

DestacadoEconomíaSociedad

Soutos de castiñeiros: técnicas según o uso da madeira ou a castaña

Líder Redacción

Líder Redacción

14 de noviembre de 2023 a las 11:05

o investigador Roque Rodríguez

Compartir
  • Será o tema da conferencia de mañá mércores das xornadas Luis Asorey, promovidas pola Academia Galega de Ciencias e a Deputación de Lugo Roque Rodríguez, profesor da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría da USC, impartirá a charla no salón de actos da Deputación ás 19:00 h

Santiago de Compostela-Lugo, 14 de novembro de 2023.- A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Deputación de Lugo, coa colaboración do Campus Terra da Universidade de Santiago, teñen en marcha as “XXXIV Xornadas Luis Asorey”. Baixo o título “Os soutos de castiñeiros: ecosistemas multifuncionais”, estanse a celebrar unha serie de conferencias gratuítas no salón de actos da Deputación de Lugo (rúa San Marcos, 8), en horario de 19:00 a 21:00 horas. Tamén poden seguirse a través da canle de Youtube da RAGC. Estas xornadas están recoñecidas pola Consellería de Cultura,Educación, Formación Profesional e Universidades como actividade de formación do profesorado non universitario.

A conferencia de mañá mércores centrarase na creación de soutos mansos e plantacións de castiñeiros para madeira, abordando así mesmo os tratamentos culturais e silvícolas dos soutos. Impartiraa Roque Rodríguez, catedrático do Departamento de Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría de Lugo (Universidade de Santiago).

Na súa intervención, o experto repasará as principais técnicas silvícolas para o establecemento de soutos mansos. Explica que os soutos mansos son plantacións enxertadas de castiñeiro cunha orientación principal á produción de castaña. Nesta liña e
no marco dos programas de axudas do Plan Estratéxico da PAC, indica que “a creación de soutos novos comporta unha serie de traballos de roza, preparación do solo, elección do material vexetal, plantación e protección das plantas”. En canto á xestión dos soutos vellos, apunta que se requiren intervencións especiais de roza e remozado da copa, co fin de recuperar os soutos abandonados.

O profesor referirase tamén aos soutos bravos ou non enxertados, que son plantacións realizadas a un marco máis pechado e orientadas á produción de madeira. Abordará os modelos silvícolas aprobados pola Xunta de Galicia para o castiñeiro, en particular as técnicas de implantación e de mantemento inicial desas plantacións. Analizará a situación actual da produción de madeira de castaño, incidindo nas limitacións de calidade e cantidade de recurso que condicionan a súa transformación industrial.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Na xornada presentaranse así mesmo casos prácticos de marcaxe de árbores de castiñeiro cun obxectivo principal de produción madeireira, indicándose os posibles produtos que se poden obter a partir de pezas de diferente calidade e dimensión. É o caso da madeira estrutural de frondosas con clase resistente; madeira serrada para uso en carpintería, portas, fiestras, toneis…; ou mesmo como chapa decorativa.

Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.