ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadDestacado

Só 70 de 215 núcleos rurais de Santiago teñen servizos básicos: “É unha desigualdade inaceptable”

Líder Redacción

Líder Redacción

7 de abril de 2026 a las 15:56

Compartir
  • Marta Abal advirte de que a maioría dos núcleos rurais seguen sen servizos básicos como saneamento e abastecemento.
  • O grupo socialista reclama “feitos e prazos concretos” para garantir igualdade de oportunidades no rural e esixe un compromiso real do Goberno de Sanmartín para frear o despoboamento.

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2026. A concelleira do Grupo Municipal Socialista Marta Abal denunciou a falta de avances no cumprimento do Pacto polo Rural, máis de tres anos despois da súa aprobación, e advertiu de que a situación actual evidencia “unha clara falta de compromiso do Goberno municipal co rural de Santiago”.

Abal lembrou que, tal e como vén de sinalar a Federación de Asociacións Veciñais do Rural (FERUSA), “non houbo avances reais” na execución dos compromisos adquiridos, unha situación sobre a que o PSdeG leva tempo alertando.

A concelleira socialista puxo o foco na falta de investimento en servizos básicos e destacou que “a día de hoxe só 70 dos 215 núcleos rurais contan con saneamento e abastecemento”, o que evidencia, ao seu xuízo, “unha desigualdade inaceptable entre o rural e o urbano”. Neste sentido, advertiu de que “non se pode frear o despoboamento do rural sen un verdadeiro compromiso que vaia máis alá das boas palabras e se traduza en actuacións concretas”.

Abal subliñou que a cidadanía do rural “ten dereito a un trato en igualdade de oportunidades”, que garanta solucións ás súas necesidades en ámbitos como a mobilidade, os servizos básicos, a protección do medio ambiente, o desenvolvemento económico e a calidade de vida. Por iso, o Grupo Municipal Socialista esixiu ao Goberno local un cambio de rumbo e reclamou “un compromiso real coa transformación do rural”, baseado en medidas concretas, con planificación e prazos definidos. “Sen feitos nin prazos, o Pacto polo Rural queda nunha declaración de intencións sen efectos reais”, advertiu.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Por último, Abal insistiu en que Santiago precisa “un rural vivo e con futuro”, e asegurou que as e os socialistas continuarán esixindo medidas que garantan o seu desenvolvemento e a igualdade de oportunidades para todos os veciños e veciñas.

Etiquetas

denunciapoliticapsdg-psoeruralSantiago de Compostela
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

«Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino
Deportes

«Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

Dos peregrinas heridas de gravedad tras un accidente de tráfico en Santiago
Destacado

Dos peregrinas heridas de gravedad tras un accidente de tráfico en Santiago

Camela hará vibrar Santiago con un recorrido por más de tres décadas de éxitos
Arte y Cultura

Camela hará vibrar Santiago con un recorrido por más de tres décadas de éxitos

Detida unha persoa por unha agresión cunha botella no casco histórico de Santiago
Destacado

Detida unha persoa por unha agresión cunha botella no casco histórico de Santiago