ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadComarcaDeportes

Sesenta corredores tomarán parte no Pequetrail de Lousame na tarde do 13 de xaneiro

10 de xaneiro de 2023.- O Concello de Lousame vén de pechar as inscricións no Pequetrail, unha proba gratuíta que terá lugar na tarde deste sábado 13 de xaneiro e no que tomarán parte corredores e corredoras nadas entre os anos 2008 e 2017. Unhas inscricións que se saldaron 60 rapaces e rapazas anotados, un máis sobre a participación da edición de 2022, a de maior concorrencia na curta historia desta proba.

Líder Redacción

Líder Redacción

10 de enero de 2024 a las 18:02

Compartir

Así o destaca a concelleira de Deportes, Mariel Agrafojo, pois “con so cinco edicións conseguimos que o Pequetrail se estabilice por riba do medio cento de participantes, algo digno de destacar cando nas primeiras edicións estabamos en apenas unha ducia de atletas”. De feito, esta quinta edición do Pequetrail contará con máis participantes que as tres primeiras edicións anteriores xuntas: 15 no 2021, 30 no 2020 e 10 no 2019.

A proba desenvolverase a partir das 16:00 horas do sábado 13 de xaneiro na contorna do polideportivo municipal Pilar Barreiro Senra sobre unhas distancias e cun percorrido adaptado ás idades dos nenos e nenas participantes. Os primeiros en saír serán os catro sub16, que percorrerán uns 7 km. Despois chegará a queda dos once sub-14 e dos doce sub-12, con percorridos de 2 e 1,5 km, respectivamente. Finalmente, os dezaseis Sub-10 afrontarán unha proba de 1 km e os dezasete Sub-8 cubrirán unha simbólica distancia de 500 metros.

O Concello de Lousame entregará medallas a todos os participantes. A proba conta coa colaboración de Futuranea, Hoka One One, Tarrío & Suárez Obras y Contratas, Fermín Simal SL, Autos Comparado, Supermercados Gadis, Atmósfera Sport, Pavimentos Noia e Nutri Sport.

Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.