ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Arte y CulturaComarcaPolítica

Seis grupos locais protagonizaron o concerto de Nadal de Ames

O auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns acolleu este pasado domingo, 15 de decembro, o tradicional concerto de Nadal no que actuaron diferentes grupos de baile e música tradicional do noso concello

Líder Redacción

Líder Redacción

16 de diciembre de 2024 a las 21:01

Compartir

O evento, enmarcado dentro da programación de Nadal en Ames, estivo protagonizado pola actuación de Os Castros, Pandereteiras da Costaneira, Os Retranqueiros, Airiños do Paseo do Colón, As Maianas e a Requinta da Maía (A. C. Follas Novas)

Ames, 16 de decembro de 2024.- O auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns acolleu este pasado domingo, 15 de decembro, o tradicional concerto de Nadal no que actuaron diferentes grupos de baile e música tradicional do noso concello. O evento, enmarcado dentro da programación de Nadal en Ames, estivo protagonizado pola actuación de Os Castros, Pandereteiras da Costaneira, Os Retranqueiros, Airiños do Paseo do Colón, As Maianas e a Requinta da Maía (A. C. Follas Novas).

Un ano máis o tradicional concerto de Nadal do Concello de Ames xuntou a un gran número de veciños e veciñas que se achegaron ao auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns, para gozar coa música dos grupos de baile e música tradicional do noso concello. Nesta ocasión contouse coa participación de Os Castros, as Pandereteiras da Costaneira, Os Retranqueiros, Airiños do Paseo de Colón, As Maianas e a Requinta da Maía.

A asociación cultural Os Castros, coa súa banda de gaitas, foron os encargados de dar comezo ao recital, interpretando “Xota de Lucas” e “O Galo”. De seguido, actuou o grupo de baile para representar “Muiñeira da Costa”.

De seguido, as Pandereteiras da Costaneira, interpretaron os temas “Valse de Elena”, “Danza, xota e muiñeira de Barcia de Mera” e “Nadal de Luíntra”. O grupo, fundado no 2017 e integrado na actualidade por nove mulleres, participa en diferentes actos culturais, como seráns ou festivais, adoitan interpretar temas tradicionais do folclore galego e portugués, ademais de recompilar e incluír no seu repertorio coplas das persoas maiores da contorna amesá.

A asociación cultural Os Retranqueiros, representaron os “Cantares de Elena, Clara e Aurora”, recollidas en Toutón-Mondariz, e “Muiñeira e Xota de Bembibre”, recompiladas na zona de Bembibre en Val do Dubra. A agrupación, fundada no 2015, vai cumprir en febreiro unha década percorrendo diferentes escenarios dentro e fóra de Galicia, chegando a ofrecer espectáculos en Madrid ou en localizacións de África. A pesar da xuventude da formación, contan con máis de 100 socios.

A música continuou da man da agrupación Airiños do Paseo de Colón, que interpretaron os temas “Valse da Pobra de Burón”, “Polca para Gabi” e “Muiñeira dos Dezas”. Na actualidade, o grupo está formado por 6 compoñentes, cun amplo repertorio formado por pezas de distintos grupos de música tradicional, que poden utilizar para a súa interpretación empregando gaitas, clarinete, saxofón, acordeón e percusión (bombo, tambor e pandeireta).

As Maianas interpretaron “María”, “Cuba”, “Que te leve o demo” e “Rexoubeiras”. Esta agrupación de 5 mulleres, levan xa uns cantos anos facendo gozar ao público coas súas cancións, a maioría de composición propia.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Os encargados en poñer punto e final ao concerto de Nadal foi o grupo Requinta da Maía, da asociación cultural Follas Novas. Representaron o tema “O Torre”, mentres que o grupo de pandeireta interpretou “Valse de Pazos de Borbén”, o grupo de baile representou “O Esparaván do Incio” e, finalmente, representaron unha panxoliña do Algarve chamada “Linda Noite”. A agrupación, integrada por 9 compoñentes, inclúe diferentes instrumentos do folclore galego; as gaitas, as requintas, os clarinetes, acordeón, caixa e bombo.

Etiquetas

amesconcertonadal
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística
Deportes

180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»
Comarca

Blas García reivindica a transformación do Milladoiro: «Investimos 70 millóns neste mandato»

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán
Deportes

Ames oferta dez campus e campamentos deportivos para este verán

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación
Comarca

A VII Festa do Apego será o 6 de xuño no Pazo da Peregrina: consulta a programación