ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Deportes

Secho renova como adestrador do Compos

Secho renova co Compos e será tamén o novo responsable da configuración do primeiro equipo

Líder Redacción

Líder Redacción

27 de mayo de 2025 a las 16:56

Compartir

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2025 – Jose Manuel Martínez ‘Secho’ seguirá á fronte da SD Compostela na Tempada 2025/26. O técnico de Porto do Son renova por unha tempada, con opción a outra máis, co reto de devolver ao Compos á Segunda RFEF.

Ademais de dirixir ao equipo dende o banco, Secho será tamén o responsable da configuración do plantel do primeiro equipo, encabezando a secretaría técnica do Compos.

Cabe lembrar que Secho é un técnico con experiencia no fútbol galego, tanto nas categorías de formación como no fútbol sénior. O seu último logro, antes de asinar polo Compos, foi conseguir o ascenso a Segunda RFEF co Bergantiños, despois dunha brillante tempada na que conseguiron o campionato e, por conseguinte, o ascenso directo. Un fito que tentará repetir en Compostela.

Ademais, no seu periplo polos bancos, tamén foi segundo adestrador do Deportivo, acompañando a etapa de Rubén de la Barrera no cadro herculino; técnico asistente do Lugo, na Segunda División; e adestrador do Noia. Nas categorías inferiores, destaca o seu cargo como seleccionador galego sub-18 e a súa experiencia de moitos anos na base do Deportivo.

Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.