ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Actualidad

Santiago mellorará a distribución de mercadorías coa posta en marcha da plataforma loxística

O Concello de Santiago busca acadar un modelo máis sustentable e eficiente de distribución de mercadorías, e con el un novo modelo de cidade, mudando o sistema de distribución da cidade histórica coa creación dunha plataforma loxística centralizada no polígono do Tambre.

Líder Redacción

Líder Redacción

29 de octubre de 2025 a las 22:35

Compartir

Esta nova plataforma de distribución de mercadorías é un proxecto pioneiro da loxística de última milla, con especial incidencia na distribución de produtos alimentarios, aspirando a servir de modelo para outras mercadorías, para outros centros históricos e para o resto de zonas urbanas.

Resolver una situación que vén de atrás

A situación da distribución de mercadorías na cidade histórica de Santiago de Compostela é, na actualidade, unha das principais preocupacións das administracións, da veciñanza e das empresas da cidade.

Isto débese especialmente ao seu impacto na calidade do aire, á ocupación das vías públicas, ao perigo que supón nunha zona peonil ateigada de peóns en determinadas épocas do ano, ao horario de distribución limitado e aos danos ao patrimonio arquitectónico dunha cidade Patrimonio da Humanidade.

Para o Concello de Santiago, a mellor forma de resolver esta situación a medio e longo prazo é a creación dunha plataforma loxística de distribución  nas aforas da cidade, ben conectada por vías de alta capacidade e próxima á zona de entrega final, onde as empresas de transporte poidan depositar os seus envíos na cidade histórica, que se consolidarán no centro e se entregarán en vehículos de cero emisións.

Con esta nova plataforma de distribución de mercadorías que operará na cidade histórica, o Concello quere reducir o número de vehículos de transporte que acceden á zona, reducir as emisións contaminantes, reducir o impacto do tráfico sobre o patrimonio monumental e, como consecuencia final, liberar o espazo peonil para a cidadanía.

O proxecto da Plataforma loxística de distribución de mercadorías na cidade histórica de Santiago de Compostela forma parte da implantación da Zona de Baixas Emisións (ZBE) e está financiado polo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, a través do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (MITMA) mediante o Fondo Europeo de Recuperación Next Generation EU.

Proceso aberto e participativo

Dende o momento do nacemento desta iniciativa, o Concello de Santiago  sempre tivo presente que era necesario coñecer a opinión e as necesidades dos sectores implicados, polo que iniciou un proceso participativo para definir o funcionamento e xestión da plataforma loxística.

Para iso, nos primeiros meses do 2025 realizáronse preto de 400 enquisas a bares, restaurantes, comercios e supermercados e realizáronse unha serie de talleres informativos con empresas de distribución.

Posteriormente, o Concello mantivo mesas de traballo presenciais con membros dos sectores implicados e interesados no desenvolvemento da futura plataforma e do seu uso, como con asociacións de Horeca (sector que reúne aos hoteis, restaurantes e cafeterías da cidade), do ocio nocturno, do comercio, do reparto e da propia veciñanza, dentro das accións de participación e de sensibilización social que está levando a cabo para a presentación da posta en marcha da plataforma loxística.

Neses encontros, o Concello de Santiago presentou a todas as persoas asistentes todo o traballo desenvolvido ata o momento sobre o proxecto, as vantaxes da súa implantación para o desenvolvemento sostible da cidade e o establecemento de prioridades para a posta en marcha da plataforma loxística.

Dende o primeiro momento a representación das asociacións implicadas amosou a súa predisposición a colaborar coa Administración local para axudarlles a crear o mellor modelo de organización da futura plataforma loxística.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

A liña de diálogo entre o Concello e os sectores implicados mantense aberta e nese proceso de participación as asociacións de hostalaría, comercio e alimentación da cidade histórica, distribuidores e repartidores seguen a trasladar as súas opinións e inquedanzas co obxectivo de contar con todos no deseño dun modelo de cidade sustentable, accesible e habitable.

Etiquetas

casco vellodistribucion de mercadoriasplataforma loxísticaSantiago de Compostela
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

«Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino
Deportes

«Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

Dos peregrinas heridas de gravedad tras un accidente de tráfico en Santiago
Destacado

Dos peregrinas heridas de gravedad tras un accidente de tráfico en Santiago

Camela hará vibrar Santiago con un recorrido por más de tres décadas de éxitos
Arte y Cultura

Camela hará vibrar Santiago con un recorrido por más de tres décadas de éxitos

Detida unha persoa por unha agresión cunha botella no casco histórico de Santiago
Destacado

Detida unha persoa por unha agresión cunha botella no casco histórico de Santiago