ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadDestacado

Santiago desbloquea, coa axuda do PSOE, o pago das horas extra a policía local e bombeiros

O Pleno da Corporación Municipal de Santiago aprobou, cos votos a favor de BNG, Compostela Aberta e Grupo Socialista e a abstención do PP e das concelleiras e concelleiro non adscritas, o levantamento de reparo que suspendía o pagamento das gratificacións e festividade dos servizos de Policía Local e Extinción de Incendios e Salvamento. O montante total é de 2.172.487,76 euros e correspóndese coas gratificacións dos meses de novembro a decembro de 2024 e de xaneiro a maio do ano 2025, e coas festividades dos meses de xaneiro a setembro do ano 2025.

Líder Redacción

Líder Redacción

21 de noviembre de 2025 a las 16:40

Compartir

O concelleiro de Facenda e Persoal, Manuel César, deu conta da tramitación do expediente para facer fronte a este pago que se incluirá xa na nómina deste mesmo mes de novembro. Ademais, o concelleiro de Persoal tambén indicou que a intención do goberno é “avanzar en medidas que, no futuro, reduzan a necesidade destes servizos extraordinarios”, xa que o monto total excedía dos límites e foi reparado pola intervención.

Manuel César tamén deu conta da situación da situación dos servizos derivada do marco lexislativo e a limitada e redución taxa de reposición, que fixo minguar o cadro de persoal no conxunto das administracións públicas.

No Concello de Santiago, o cadro de persoal de 2011 incluía 69 efectivos no parque de bombeiros e 188 na Policía Local. En 2015, era de 67 e 159, respectivamente. En 2023, o número de bombeiros era de 59 e de policías de 154. Neste sentido, César Vila explicou que, nos dous orzamentos que corresponden ao actual goberno, foise ao máximo que permitiu a taxa de reposición, de maneira que se pasou de 59 a 64 efectivos no cadro de persoal dos bombeiros e de 154 a 162 no da Policía Local.

O concelleiro de Persoal deixou claro, así mismo, que a cobertura dos postos non é un procedemento inmediato. No que ten que ver coa Policía Local, é a Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) a que se encarga dos procesos de selección e o personal debe superar un período longo de prácticas antes de estar totalmente operativo.

No caso dos bombeiros, deben realizar un curso longo es superar unha extensa cadea de probas antes de incorporarse ao servizo.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, manifestou tamén que o goberno traballa para poder incrementar o cadro de persoal e reducir as horas extra. Sanmartín valorou que a primeira das demandas de bombeiros e policías hoxe ía quedar satisfeita con este levantamento de reparo por parte do pleno e manifestou que o goberno manterá o seu “empeño” de chegar a un acordo para “encamiñar a situación”.

Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.