ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaPolítica

Santiago comparte con Padrón a súa experiencia en materia de Vivenda e Turismo

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e o alcalde de Padrón, Anxo Rei, xunto coa concelleira de Turismo e co concelleiro de Urbanismo, Míriam Louzao e Iago Lestegás, a concelleira de Urbanismo e de Turismo de Padrón, Chus Campos Varela e persoal técnico dos dous concellos, mantiveron unha xuntanza no Pazo de Raxoi para compartir a experiencia compostelá á hora de impulsar iniciativas en dous temas fundamentais: garantir vivendas accesibles para a poboación residente e procurar un equilibrio entre o turismo e a veciñanza.

Líder Redacción

Líder Redacción

4 de agosto de 2025 a las 19:33

Compartir

04/08/2025. Goretti Sanmartín e Anxo Rei encabezaron a primeira reunión entre os gobernos municipais de Santiago de Compostela e de Padrón, de carácter institucional e técnico, para avanzar “con criterios uniformes” e “visión estratéxica” en cuestións como a implantación da recarga sobre o imposto autonómico ás estadías turísticas, a regulación dos pisos turísticos e o traballo para solicitar a declaración como zona de mercado residencial tensionado.

Tras a xuntanza, a rexedora compostelá explicou que se trataron “cuestións que temos en común e que nos preocupan aos dous concellos” e que resumiu na necesidade de “garantir o dereito á vivenda para o conxunto da poboación e buscar o equilibrio e a convivencia entre as persoas que nos visitan e a veciñanza”.

Goretti Sanmartín explicou que tanto Santiago como Padrón teñen en común que reciben un gran número de persoas procedentes do Camiño de Santiago, mais tamén por cuestións laborais, no caso de Padrón polas industrias alí asentadas, e no caso de Santiago por ser o centro administrativo e sanitario do país, ao que hai que engadirlle a poboación estudiantil.

A este respecto, a alcaldesa explicou que “sempre queremos manter un diálogo institucional con todos aqueles concellos que teñan os mesmos intereses, xa o fixemos anteriormente con outros concellos cos que tamén compartimos a nosa experiencia, e tamén a través doutras redes institucionais como o Grupo de Cidades Patrimonio”. Neste sentido, asegurou que o obxectivo da xuntanza é sentar as bases para “traballar con liñas estratéxicas e de mirada longa, que nos vaian marcando cal vai ser este camiño que queremos deseñar, fundamentalmente desde os ámbitos de Urbanismo e de Turismo para poder tomar decisións que guíen o futuro dos nosos concellos nos próximos 10 anos”.

Pola súa banda, Anxo Rei asegurou que á hora de “garantir a calidade de vida e a habitabilidade no noso municipio e ao mesmo tempo ofrecer experiencia turística de calidade, o exemplo márcao Santiago” e, neste sentido, explicou que “o que necesitamos é uniformizar os criterios e os regulamentos que aplicamos os municipios que temos unha gran cantidade de visitantes ligados ao Camiño”.

O rexedor padronés tamén se amosou seguro de que este tipo de colaboración institucional “a medio prazo” vai ser máis habitual “independentemente da cor política dos gobernos de cada municipio, porque o que necesitamos é ser capaces de desenvolver políticas de longa duración, que teñan unha visión panorámica da situación e que garantan a habitabilidade e calidade turística”.

Anxo Rei tamén aproveitou para salientar o feito de que esta colaboración afonda “na relación fluída” que manteñen os dous concellos e que vai máis alo dos actos institucionais propios da irmandade entre Santiago e Padrón -que se celebran polas festas do Apóstolo e da Pascua-.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Tras esta primeira xuntanza, a colaboración continuará a través dos equipos técnicos dos dous concellos.

Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.