ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ComarcaDestacadoPolítica

Tolo listo en San Miguel de Sarandón para celebrar a XLIII Exaltación do Viño da Ulla

A programación da XLIII Exaltación do Viño da Ulla xa está en marcha e culminará este domingo, 6 de abril, en San Miguel de Sarandón. A festa arrancou o mércores 2 de abril coas Xornadas Técnicas Arredor do Viño da Ulla, que contaron cunha gran acollida e cartel de prazas esgotadas. Estas xornadas inclúen conferencias, saídas de campo e catas.

Líder Redacción

Líder Redacción

3 de abril de 2025 a las 15:38

Compartir

As catas comentadas, que terán lugar o sábado na Casa da Cultura, aínda contan con algunhas prazas dispoñibles para quen desexe inscribirse a través do formulario da web municipal. Ademais, os amantes do motor poderán desfrutar de dúas rutas: unha de motos o sábado e outra de coches antigos o domingo. A organización lembra que as prazas son limitadas e as inscricións deben facerse canto antes vía WhatsApp no 659 617 631.

O sábado 5 de abril promete festa e música en galego con “Os John Deeres” e “The Rapants”, pechando a noite coa Disco Móbil Chocolate. O domingo 6 de abril será o día grande da celebración, cunha xornada completa de música e actividades, incluíndo actuacións da Escola de Música de Santa Cruz de Ribadulla, A Requinta de Lampai, a charanga “Os Atrevidos” e o grupo “Cantigas e Agarimos”, para culminar coa actuación da orquestra “París de Noia”.

Unha fin de semana chea de tradición, música e viño da Ulla agarda en San Miguel de Sarandón.

Etiquetas

festa do viñosan miguel de sarandonUllavedra
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

Vedra reúne a máis de 300 persoas na XXXIII Romaría dos Maiores
Comarca

Vedra reúne a máis de 300 persoas na XXXIII Romaría dos Maiores

Cristina García destaca en Vedra o compromiso da Deputación cos pequenos concellos
Deputación da Coruña

Cristina García destaca en Vedra o compromiso da Deputación cos pequenos concellos

O Olímpico de Vedra, subcampións galegos de Duatlón cadete, xuvenil e júnior
Deportes

O Olímpico de Vedra, subcampións galegos de Duatlón cadete, xuvenil e júnior

O Campus AC33 de Alberto Corbacho chega a Vedra
Deportes

O Campus AC33 de Alberto Corbacho chega a Vedra