ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadDestacadoPolítica

Rueda anuncia unha axuda de 100 € para axudar a que os maiores fagan deporte

 

Líder Redacción

Líder Redacción

6 de febrero de 2024 a las 15:49

Compartir

 

 

  • “Igual que axudamos ás familias para que os seus fillos practiquen deporte, é de xustiza facelo tamén coa xeración que nos deu todo e aportou os recursos que fan posible medidas como esta”, explica
  • Aposta por facer de Galicia unha Comunidade que toda España identifique co deporte grazas ao seu entorno privilexiado, os seus deportistas referentes e os campionatos que acolle ano a ano: “O deporte en Galicia funciona”
  • Rueda mantivo un encontrar co exfutbolista Ramón Piña e co exxogador do RC Deportivo de La Coruña Dagoberto Moll, que aos seus 96 anos continúa realizando actividade física durante tres horas ao día e cinco días á semana

6 de febreiro de 2024. O presidente e candidato do PPdeG, Alfonso Rueda, presentou hoxe a súa proposta de poñer en marcha o Bono Actívate, unha axuda universal de 100 € para apoiar aos maiores de 65 anos nos gastos que supón a práctica deportiva.

O obxectivo é fomentar a práctica deportiva “ata que un queira” e mediante unha axuda económica universal “sen ter en conta nin renda nin grao de dependencia” coa que sufragar gastos como as cotas das instalacións deportivas ou o custo das clases e o material.

“Igual que axudamos ás familias con menores e 16 anos que practican algún deporte federado ou no programa Xogade co Bono Deporte, é de xustiza facelo tamén coa xeración que nolo deu todo e achegou os recursos que fan posibles medidas como esta”, explicou engadindo que “o deporte se pode facer a todas as idades”.

Ante máis de 150 representantes de federacións e clubs deportivos, Rueda asegurou que “o deporte en Galicia funciona” e que a nosa Comunidade “é cada vez máis deportiva”. De aí o seu compromiso de seguir fomentando e apoiando desde o Goberno galego a práctica deportiva, tanto no que se refire ás federacións, como ao deporte escolar, ás instalacións deportivas ou ás axudas para profesionais.

“Poucas cousas podemos facer tan boas como promocionar o deporte e convertelo nunha actividade fácil de practicar e que xere retorno”, asegurou mostrando a súa aposta por facer de Galicia unha Comunidade que toda España identificase co deporte grazas á súa contorna privilexiada, aos seus deportistas referentes e aos campionatos que acolle ano a ano.

Neste sentido explicou que Galicia “ten un especial valor deportivo que hai que potenciar e tentar mellorar” no que se refire á súa contorna natural, á súa tradición deportiva e aos enclaves que ofrece para a práctica deportiva. Insistindo especialmente na retroalimentación que se dá entre o deporte e o turismo.

“O deporte ten un gran impacto en termos de movemento económico: atrae a moita xente que gasta o seu diñeiro aquí e logo quere volver se lle gusta a nosa terra. Polo que non hai dúbida de que o deporte é rendible en todos os sentidos e de que non hai mellor viaxe turística que a organización dunha proba deportiva”, concluíu.

O DEPORTE NON ENTENDE DE IDADE

Antes de clausurar o acto organizado polo PPdeG, Alfonso Rueda realizou unha visita ás instalacións deportivas de La Solana, onde tivo a oportunidade de atoparse co exfutbolista Ramón Piña e co exxogador do RC Deportivo da Coruña Dagoberto Moll, que aos seus 96 anos continúa realizando actividade física durante tres horas ao día e cinco días á semana.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

O acto albergou tamén unha mesa redonda moderada por José Ramón Lete e na que participaron Carlos Cortés (vinculado ao Club Maristas Baloncesto e árbitro ACB), Elena Roca (directora técnica e vicepresidenta do CRAT Arquitectura), Ángel López (paradeportista Club ENKI Deporte adaptado inclusivo) e Bruno López (presidente da Federación Galega de Balonmán).

Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.