ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadEducación

Rosa Crujeiras e Maite Flores pasan á segunda volta nas eleccións a reitora da USC

A catedrática de Estatística e Investigación Operativa obtivo un total de 985 votos ponderados, mentres que a catedrática de Óptica acadou 536

Líder Redacción

Líder Redacción

12 de febrero de 2026 a las 21:15

Compartir

Santiago/Lugo, xoves 12 de febreiro de 2026.- As eleccións da USC decidiranse nunha segunda volta electoral logo de que ningunha das candidatas obtivera a maioría suficiente para acceder á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela. As catedráticas Rosa Crujeiras e Maite Flores resultaron ser as candidatas máis votadas cun total de 985 e 536 votos ponderados, respectivamente. A terceira candidata máis votada foi María José López Couso con 503 votos ponderados e a cuarta, Alba Nogueira, con 380 votos ponderados.

En concreto, Rosa Crujeiras acadou 459 votos ponderados por parte do Sector I (Persoal docente e investigador con vinculación permanente), 96 do Sector II (resto do PDI), 291 do Sector III (estudantado) e 139 do Sector IV (Persoal Técnico de Xestión de Administración e Servizos. Pola súa parte, Maite Flores acadou 270 votos ponderados do Sector I, 60 do Sector II, 161 do Sector III e 45 do Sector IV.

María José López Couso acadou 291 votos ponderados do Sector I, 63 do Sector II, 113 do Sector III e 36 do Sector IV, mentres que Alba Nogueira obtivo 205 votos ponderados do Sector I, 46 do Sector II, 108 do Sector III e 21 do Sector IV.

A participación por sectores foi dun 95,94 % no Sector I, 71,04 % no Sector II, 30,83% no III e de 86,71% no IV.

Logo da votación, o reitor Antonio López trasladoulle os seus parabéns ás candidatas Crujeiras e Flores por pasar á segunda volta así como a López Couso e Nogueira “por contribuír entre todas ao debate institucional ao redor do futuro da nosa universidade”. “Temos ademais que congratularnos pola participación, con especial atención ao estudantado, que superou o 28% do seu censo”, manifestou. O reitor compostelán agradeceu ademais o traballo do persoal implicado nesta xornada, na que se demostrou a eficacia do voto electrónico como ferramenta incentivadora da participación.

Calendario

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Na segunda volta, a campaña prolongaríase entre o 27 febreiro e o 9 de marzo, quedando reservado o día 10 para a xornada de reflexión e o 11 dese mes para as novas votacións. O día 12 de marzo tería lugar a proclamación provisional da reitora electa, mentres que os recursos poderán efectuarse entre o 13 e o 20 marzo. A proclamación definitiva da reitora electa será o 23 de marzo. Pode obterse máis información sobre os tres procesos no web de ‘Participación e procesos electorais’.

Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.