ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadArte y CulturaSaludSociedad

Rita Doallo gaña o IV Premio SIMBAD de Literatura Infantil con su obra ‘Astralistoria’

Santiago de Compostela. 17 de setembro de 2025. A Biblioteca Pública Ánxel Casal de Santiago de Compostela acolleu esta mañá o acto de entrega do IV Premio SIMBAD de Literatura Infantil, organizado por AGADEA Alzheimer no marco do Mes do Alzheimer.

Líder Redacción

Líder Redacción

17 de septiembre de 2025 a las 15:51

Compartir

A gañadora desta cuarta edición foi a escritora Rita Doallo, coa obra Astralistoria, «unha historia que combina maxia, imaxinación e memoria» para transmitir ás novas xeracións valores de solidariedade, respecto e coidado interxeracional. Julia, usuaria do centro de AGADEA en Vedra entregou o galardón á gañadora.

O evento contou coa presenza do Secretario Xeral da Lingua, Valentín García, quen salientou que “a lingua galega e a literatura infantil son ferramentas esenciais para construír unha sociedade máis consciente e máis humana; premios como o SIMBAD axudan a transmitir valores e a crear novas xeracións máis comprometidas”.

Cristina Villar, educadora social de AGADEA nos centros de Vedra e Cuntis, explicou o traballo da asociación cos centros educativos onde a asociación ten presenza, destacando cómo «máis alá de calquera diagnóstico, na literatura sempre hai un lugar para seguir lembrando, creando e compartindo.»

Un dos momentos máis emotivos do acto foi a lectura dun fragmento de Astralistoria a cargo de Celsa, usuaria do Centro de Día de Ensanche de AGADEA, que puxo voz á historia ante o público asistente. O peche do acto estivo marcado pola actuación musical do grupo SANARTE.

Na súa intervención, a presidenta de AGADEA, Isabel Gey, subliñou como «o Premio SIMBAD é un símbolo do noso compromiso coa sensibilización a través da cultura e a educación. Coidamos das persoas con Alzheimer, pero tamén queremos coidar da sociedade, sementando conciencia nas novas xeracións. Cada conto premiado convértese nunha semente de empatía e solidariedade que contribúe a manter viva a memoria colectiva”.

Con esta cuarta edición, o Premio SIMBAD consolídase como un referente da literatura infantil en Galicia, promovendo obras que axudan a comprender mellor a realidade do alzhéimer e a importancia dos coidados.

Sobre o Premio Simbad

O Premio de Literatura Infantil Simbad para o Recordo e o Alzhéimer naceu para promover o valor da memoria e o coidado desde a literatura infantil. Está dirixido a obras inéditas en lingua galega para lectores e lectoras de entre 6 e 12 anos, de calquera xénero: conto, álbum ilustrado, poesía, teatro, banda deseñada ou novela gráfica.

A persoa gañadora recibe un premio de 3.000 euros, e AGADEA comprométese a adquirir 100 exemplares da obra para a súa difusión en centros educativos e bibliotecas.

Sobre AGADEA ALZHÉIMER

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

AGADEA ALZHÉIMER é unha entidade sen ánimo de lucro dedicada ao apoio das persoas con demencia e das súas familias, a través de programas de estimulación cognitiva, acompañamento e sensibilización social. Con iniciativas como o Premio Simbad, a organización reforza o seu compromiso coa divulgación e a inclusión a través da cultura.

Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.