Rianxo duplica o investimento en Becas para chegar a máis familias do municipio
Líder Redacción
15 de enero de 2025 a las 10:14
Julián Bustelo, alcalde de Rianxo | Radio Líder Santiago
Na convocatoria correspondente ao curso 2024/2025 o Concello de Rianxo concedeu axudas para a adquisición de material escolar e dispositivos electrónicos por un importe total de 10.507€, unha cifra 4.000€ superior á da convocatoria anterior e máis do dobre do investimento efectuado no curso 2022/2023.
O aumento do investimento nas becas municipais para a adquisición de material escolar e dispositivos electrónicos tradúcese na capacidade de chegar cada ano a máis familias. Así as cousas, na convocatoria correspondente ao curso en marcha resultaron beneficiarias un total de 52 familias, un 48% máis que no curso 2022/2023.
«O noso compromiso coas familias e coa educación pública é firme», destacou a Concelleira de Política Social Ana Vidal, a cal avanzou que dende o executivo se vén traballando tamén nunha nova liña de axudas para apoiar a actividade das Anpas do municipio.



