Rianxo avanza no desenvolvemento urbano desbloqueando dúas parcelas para 136 novas vivendas
O Pleno do Concello de Rianxo abordará esta semana a aprobación definitiva dos estudos de detalle para a adaptación das aliñacións nos ámbitos Z5 e Z6 do Plan Parcial SAU 3 Pazo de Rianxiño. Estas áreas corresponden ás parcelas situadas detrás e diante do IES Félix Muriel.
Líder Redacción
28 de enero de 2025 a las 19:37
A aprobación destes estudos permitirá desbloquear o uso das parcelas, posibilitando a construción de ata 136 novas vivendas con todos os servizos e infraestruturas correspondentes. Ademais, a urbanización desta zona contempla a implantación de equipamentos de grande importancia, como un centro de día e unha residencia, o que reforzará a oferta de servizos para a comunidade local.
Este é un paso significativo no proceso de planificación e desenvolvemento urbano en Rianxo, que aposta por un crecemento sostible e a mellora da calidade de vida dos seus veciños.



