ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Actualidad

Reunión de urxencia para atallar o incremento de delitos e drogodependencia en Santiago

A alcaldesa, Goretti Sanmartín, presidiu hoxe unha reunión na que participaron o concelleiro de Mobilidade e Convivencia, Xan Duro; membros das Policías Local e Nacional, e representantes da asociación veciñal de Santa Marta e do Consello de Relacións Veciñal, para abordar a preocupación tanto polos últimos roubos rexistrados na cidade como polo aumento das drogodependencias. Na xuntanza, as Forzas de Seguridade deron conta do traballo que veñen desenvolvendo diante dunha problemática que, explicou o Goberno, “precisa dun enfoque integral que vaia máis alá das actuacións policiais, porque falamos dunha cuestión de saúde pública que non lle afecta unicamente a Santiago”. Por iso, seguiránse celebrando novas xuntanzas, coa participación da UMAD e dos Servizos Sociais, e as forzas de seguridade reforzarán a súa presenza nas zonas máis afectadas.

Líder Redacción

Líder Redacción

5 de febrero de 2025 a las 16:48

Compartir

Na reunión, a Policía Nacional explicou que o número de delitos en Santiago segue sendo baixo, malia que poida existir unha sensación de inseguridade polos últimos roubos acontecidos na cidade. Por estes delitos, apuntaron, foron detidas cinco persoas. Tamén deron conta das últimas actuacións policiais relacionadas co tráfico de drogas, en diferentes puntos de venda. Pola súa banda, a Policía Local explicoulles aos representantes veciñais as súas actuacións nos últimos meses, e deu conta do importante número de atestados levantados por diferentes delitos e faltas.

A alcaldesa e o concelleiro de Convivencia mostraron a súa comprensión diante da preocupación da veciñanza, e recolleron as súas demandas e suxestións. Sanmartín Rey e Duro comprometéronse a seguir traballando “tanto desde a óptica da seguridade como desde a óptica social, diante dun problema que non se limita a Santiago”. De feito, sinalou o concelleiro Xan Duro, “os informes da ONU din que o consumo de drogas medrou máis dun 20% na última década en todo o mundo, e España é o país da Unión Europea cun consumo máis alto de cocaína”. Nese sentido, celebraránse novas xuntanzas de traballo, coa participación tamén da Unidade Municipal de Atención ás Persoas Drogodependentes, UMAD, e dos Servizos Sociais municipais.

Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.