ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

Deportes

Recepción oficial no Pino ás campioas e campións de Europa de fútbol gaélico

• Durante a recepción oficial no salón de plenos, xunto ao seu adestrador e familiares, Manuel Taboada e Borja Castro entregáronlles unha medalla conmemorativa
• Carla Suárez foi elixida a mellor xogadora do European Féile 2026

Líder Redacción

Líder Redacción

5 de mayo de 2026 a las 22:21

Compartir

O Pino. 5-5-2026.- O alcalde, Manuel Taboada, felicitou as xogadoras e xogadores do Pino que a pasada fin de semana se proclamaron en Holanda campioas e campións de Europa de fútbol gaélico en categoría cadete ao gañar o European Féile 2026. “Deixastes o nome do Pino no máis alto nun torneo continental, algo que é moi difícil de conseguir”, asegurou Taboada Vigo, que tivo palabras de ánimo para a lesionada Claudia Iglesias, e trasladoulle os parabéns de todo o municipio a Carla Suárez, elixida mellor xogadora do torneo.

A mocidade do Pino formou parte dos equipos Supernova (feminino) e Lugh (masculino) que o pasado sábado disputaron en Maastricht (Países Baixos) o European Féile 2026 de categoría cadete.

O equipo Supernova estaba formado, na súa gran maioría, polas xogadoras do Pino Alba Ferro, Claudia Iglesias, Claudia López, Sofía Penas, Sofía Pérez, Lucía Castro, Ana Mecías, Ángela Fandiño, Nerea Garea e Carla Suárez.

Pola sua banda, David Souto, Brais Sandá e Iker Naveiro formaron parte do equipo Lugh xunto con outros xogadores de Friol.

Na recepción oficial que lles ofreceron o alcalde e o concelleiro de Deportes do Pino, Manuel Taboada e Borja Castro entregáronlles unha medalla do Concello, “en recordo por este éxito que acabades de conseguir”. Ademais de familiares, no acto estivo tamén presente David de la Torre, adestrador dos equipos xunto con Alexandre Sanmartín. Ambos forman parte da Asociación de Fútbol Gaélico da Federación Galega de Fútbol, que impulsa o proxecto Gaélico Escolas para promover este deporte en Galicia.

No torneo celebrado en Holanda o pasado sábado os dous equipos galegos enfrontáronse a conxuntos de Alemaña, de Bruxelas, de Francia e de Luxemburgo, demostrando un gran nivel ademais de moito talento e espírito de equipo.

O Supernova feminino superou a fase de grupos gañando dous partidos e perdendo un. Na semifinal impúxose ao Agen A e conseguiu o título tras derrotar o Frankfurt nunha final moi disputada.

O Lugh masculino completou un torneo impecable, proclamándose campión invicto tras gañar a Bruxelas, a Berlín e a Luxemburgo, ao que se impuxo na final por 11-7.

Ademais dos éxitos colectivos, Carla Suárez foi recoñecida como MVP do torneo, premio como mellor xogadora do campionato polo seu gran nivel durante toda a competición.

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Tras a recepción oficial, xogadores e xogadoras fixéronse unha foto oficial co alcalde e concelleiro, e outra cos familiares, antes de poñerlle a camiseta oficial que luciron en Holanda ao Galo Piñeiro que está diante da casa consistorial do Pino.

Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.