ProgramasGrellaAxendaFarmaciasPraza PúblicaEquipoPublicidadeContacto
vive.galvive.gal
Ao DíaComarcaPolíticaSociedadeDeportesCulturaPodcastVídeos
ES|GL
EN DIRECTORADIO
vive.gal

Actualidade, radio e cultura de Santiago e a súa comarca.

RSS Podcast

Radio

  • A Radio
  • Programas
  • Grella
  • Axenda
  • Equipo
  • Podcast
  • En Directo

Seccións

  • Comarca
  • Política
  • Deportes
  • Cultura
  • Actualidade
  • Sociedade

Legal

  • Aviso legal
  • Privacidade
  • Cookies
  • Contacto
  • Traballa connosco

© 2026 DEZASETE MEDIA, S.L. — B56629892

San Pedro de Mezonzo, 48-50, Bajo, 15701, Santiago de Compostela (A Coruña)

Desenvolvido por GestSiete.es

ActualidadArte y CulturaDestacadoNoticia LíderOnda ChichaSociedad

Radio Líder e Chichalovers lanzan “Onda Chicha” para impulsar o talento musical galego emerxente

Líder Redacción

Líder Redacción

14 de octubre de 2025 a las 20:05

Compartir
  • Xa está aberto o prazo de inscrición para participar neste proxecto que combina radio, gastronomía e música. As primeiras candidaturas poderán presentarse ata o 28 de outubro, e o prazo abrirase cada mes ata marzo.

Radio Líder Santiago e Chichalovers unen forzas para poñer en marcha “Onda Chicha”, unha iniciativa que quere dar voz e visibilidade ás novas bandas e artistas galegos. O proxecto busca apoiar o talento local ofrecendo unha plataforma real de promoción, con entrevistas en radio, gravacións profesionais e a posibilidade de formar parte do ChichaFest que se celebrará en maio na Sala Capitol de Santiago.

A proposta, presentada nos estudos de Radio Líder Santiago, contou coa participación de Graciela Castro, fundadora de Chichalovers, acompañada por Cibrán García, membro de Boyanka Kostova e agora inmerso no seu proxecto en solitario Saibran, e por Xián Castro, integrante da banda compostelá Úlex.

Durante a entrevista, Graciela explicou que “Onda Chicha nace para crear comunidade arredor da música, da gastronomía e da cultura galega. Queremos ser un punto de encontro entre artistas e público, ofrecendo espazos de difusión e oportunidades reais”.

Cada mes abrirase unha nova convocatoria de inscrición, dirixida a artistas ou bandas residentes en Galicia, maiores de 18 anos. Deben ser proxectos emerxentes sen contrato discográfico activo (non se aceptan versións como proposta principal).  As bandas seleccionadas cada mes terán:
– Unha entrevista en Radio Líder Santiago,
– A gravación dun tema en Chichalovers,
– A posibilidade de actuar no ChichaFest 2026 na Sala Capitol en maio, compartindo escenario con outros talentos galegos.

Durante a presentación, os músicos invitados destacaron a importancia desta oportunidade. “Calquera apoio á xente nova que fai música é benvido. Non é doado asomar a cabeza, e iniciativas como esta son un impulso fundamental”, subliñou Cibrán García.

O prazo para inscribirse na primeira edición de “Onda Chicha” remata o 28 de outubro, e as seguintes convocatorias serán anunciadas nas redes sociais de Chichalovers e de Radio Líder Santiago.

A participación é gratuíta e está aberta a proxectos de todos os estilos musicais, con prioridade para os que canten en galego.

Con “Onda Chicha”, Radio Líder Santiago e Chichalovers convidan a toda a comunidade musical galega a sumarse a un movemento que mestura cultura, gastronomía e radio, para seguir facendo país a través da música.

📎 Descargar as bases
🔗 Ligazón formulario

Síguenos en WhatsAppNoticias directo a tu móvil
Unirse →

Etiquetas

Artistas emerxentes galegosArtistas galegosChichaFestchichaloversMúsica GalegaOnda Chicharadio lider santiago
Compartir

Síguenos en redes

FacebookInstagramTwitter / XTikTokYouTubeWhatsApp

Últimas noticias

  • Elena Moreira (Fisela): «Las bajas laborales se han convertido en una pandemia silenciosa»

  • Los Premios de Industria y Energía de Galicia reconocen el talento y la innovación del sector

  • 180 patinadores das escolas de Ames participarán no XV Encontro de patinaxe artística

  • «Solo hemos perdido un partido en todo el año»: el Raxoi toca el cielo del hockey femenino

  • ‘Master Class’ sobre peluquería en la presentación de ‘Ruphert te necesito’ en Pontecesures

Suscríbete

Recibe las noticias en tu correo.

Te puede interesar

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego
Actualidad

O ChichaFest converterá a Sala Capitol nun escaparate do talento emerxente galego

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol
Actualidad

Fuego Lolita, Why Not? e Skadelos actuarán no ChichaFest na Sala Capitol

Fuego Lolita gaña a sétima e última convocatoria de Onda Chicha
Actualidad

Fuego Lolita gaña a sétima e última convocatoria de Onda Chicha

Onda Chicha: Skadelos electrifica o seu ADN acústico e gaña músculo sen perder esencia
Actualidad

Onda Chicha: Skadelos electrifica o seu ADN acústico e gaña músculo sen perder esencia